O “sotaque” de Aurelia, artigo de Mariña Pérez Rei
A cobiza axexando a costureira. Sainete ou drama? Podería ser un cantar de cego, unha forma de absurdo contra o silencio especulador. O desaloxo pola forza dunha anciá. A súa voz soa (fermosa moradía) contra os especuladores: o seu seseo (implosivo e explosivo), as ultracorreccións en castelán, esa prosodia de arrastre. Porque digámolo xa, o [...]
O “sotaque” de Aurelia, artigo de Mariña Pérez Rei
A cobiza axexando a costureira. Sainete ou drama? Podería ser un cantar de cego, unha forma de absurdo contra o silencio especulador. O desaloxo pola forza dunha anciá. A súa voz soa (fermosa moradía) contra os especuladores: o seu seseo (implosivo e explosivo), as ultracorreccións en castelán, esa prosodia de arrastre. Porque digámolo xa, o [...]
Medio ichavo de letras labartianas
A Asociación Cultural Adro e o grupo de teatro Badius seguen a reclamar o Días das Letras Galegas para o escritor baiés Labarta Pose.
A Xunta de Galicia coloca publicidade do Día das Letras en todos os medios, agás nos que están en galego todo o ano
A Xunta de Galicia marxinou á práctica totalidade dos medios de comunicación en galego da publicidade institucional do 17 de maio, Dia das Letras Galegas. A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación inseriu anuncios da “festa das nosas letras” en xornais, radios e sitios web que empregan o castelán os 365 dias do ano en [...]
Nace a nova Asociación para defender e loitar polo galego nos medios de comunicación
Once medios de comunicación – entre eles dous da Costa da Morte, Quepasanacosta, e o propio O Compás, ademais de Radiofusión, Valminor.info, Novas da Galiza, Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Certo, Tempos Novos e a Nova Peneira- presentaron a “Asociación de Medios en Galego“, unha nova entidade que ten como obxectivo organizarse para manter [...]
O Compás cumpre un ano promovendo a cultura da Costa da Morte
No Día das Letras Galegas do difícil ano 2012 un grupo de comunicadores botaba adiante un novo proxecto cultural para a Costa da Morte, unha terra que semellaba erma. Non vos imos enganar, estabamos asustados, pero ó mesmo tempo emocionados e ilusionados. Pasaron xa doce meses e ó botar a vista atrás quedamos ben satisfeitos [...]
“As persoas maiores son as que sosteñen a nosa lingua”, Mariña Pérez Rei, escritora
A escritora e profesora Mariña Pérez Rei (Ames, 1966) recolle hoxe o galardón da novena edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo. A capacidade de incidencia en públicos variados, a calidade lingüística e estilística e a relación coa actualidade son algunhas das razóns que fixeron que o seu artigo resaltara entre todos [...]












