Faro Vilán. Centro de Interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítimos

 /Foto: AEC/

Exposición no Faro Vilán /Foto: AEC/

No primeiro faro eléctrico do Estado, atoparemos a historia dos naufraxios máis impresionantes desta Costa da Morte. Ademais a través de proxeccións en vídeo, pezas reais, fotografías e paneis con visores entenderemos un pouco mellor como funciona un faro e para que serve.

Hai sete seccións: A forza da natureza, Costa da Morte: mito e realidade, Mar e naufraxios, Tipoloxías de faros, Evolución dos faros, Os faros na Costa da Morte e o Faro Vilán, que se pode visitar virtualmente a súa lanterna a través dun vídeo.

Fóra disto, a Asociación de Empresarios de Camariñas tamén organiza exposicións temporais.

En exposición:

“A Dama do Pobo das Flores” (“La Dama del Pueblo de las Flores”) Até 26 de abril.

HORARIO

De mércores a domingo: 11.00 a 14.00 | 15.30 a 19.00

PREZO

De balde

ENDEREZO 

Cabo Vilán
15123 Camariñas

CONTACTO

Tel: 687 521 167 e 678 621 062

WEB

www.farovilan.com

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario