Museo do Alemán de Camelle

A casa de Man, cuberta por unha lona de plástico. /Foto: Manuel Rial/

A casa de Man, cuberta por unha lona de plástico. /Foto: Manuel Rial/

Dende comezos dos 70, Manfred Gnädinger (1936-2002) fixo de Camelle un lugar de visita peculiar. A súa residencia, unha pequena cabana no porto, convertirase nunha espectacular obra de arte onde os croios ou bolos cobran un especial protagonismo. Creaba ondas, cadeas, torres e outras formas coas pedras e tamén con ósos de animais (sobre todo mariños), como vértebras de cetáceos e algunha caveira de cabalo ou burro ou mesmo raíces de árbores. O seu amor polo medio ambiente era tal que decidiu ser vexetariano e nun futuro viviría soamente con enerxía solar. Tamén pintou con círculos de cores a súa vivenda, os pinchóns das casas próximas e mesmo os penedos dos montes e a costa que o rodea.

No 2002 a marea negra provocada polo afundimento do petroleiro Prestige ennegreceu a obra de Man. O amante da natureza non puido resistir o desastre e ter que convivir co chapapote. O día 28 de decembro de 2002 Manfred morreu de mágoa. Converteuse así na primeira vítima mortal do Prestige e en todo un símbolo.

Hoxe a súa obra atópase nun estado lamentable, en ruína progresiva, aínda que se pode visitar.

 

HORARIO

Libre, agás a casa, en moi mal estado, sen teito, fechada até restauración.

PREZO

De balde

ENDEREZO 

Porto de Camelle, s/n
15123 Camelle (Camariñas)


Comentarios cerrados.

Deixar un comentario