Museo do Encaixe

Interior do museo do Encaixe. /Foto: mecam.net/

Interior do museo do Encaixe. /Foto: mecam.net/

O encaixe de palillos é unha das prácticas artesanais máis emblemáticas da Costa da Morte. Dende hai séculos, nos concellos de Muxía, Vimianzo e Camariñas as mulleres, sobre todo, foron trasladando esta arte  de nais a fillas. Sen dúbida, Camariñas é quen leva a fama polo mundo enteiro, e nela se instalou o Museo do Encaixe.

O museo conta con dúas salas de exposicións, unha delas permanente, onde se expoñen mantelos, veos ou outros panos, algúns de máis de dous séculos de antigüidade. A outra, de exposicións temporais acolle utensilios e materiais empregados para o encaixe: almofadas, palillos… O museo recuperou moitas pezas e deseños antigos para a exposición.

 

HORARIO

16 SETEMBRO – 14 XUÑO: De martes a domingo: 11.00 a 14.00 | 16.00 a 19.00

15 XUÑO – 15 SETEMBRO: De martes a domingo: 11.00 a 14.00 | 17.00 a 20.00

Luns, fechado todo o ano.

PREZO

2 €

Entrada reducida de 1 € para grupos (mínimo 10 persoas)

ENDEREZO 

Praza da Insuela, 57
15123 Camariñas

CONTACTO

Tel: 981 73 63 40

E-mail: museodoencaixe@camarinas.net

WEB

www.mecam.net

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario