Museo Etnográfico da Ponte do Porto

/Foto: Turgalicia/

/Foto: Turgalicia/

Os veciños da Ponte do Porto crearon este museo no 1997 para amosar a cultura etnográfica da zona. Polas súas salas poderemos adentrarnos en tempos pasados visitando unha barbeiría das de antes, unha cociña con lareira e pote, multitude de utensilios e ferramentas antigas…

Todo está perfectamente colocado e ordenado, creando espazos sen división pero que nos pode dar unha perfecta idea da vida dos nosos antergos.

 

HORARIO

É preciso concertar a visita neste número 981 730 998.

ENDEREZO 

Travesa dos Curros, s/n
15121 Ponte do Porto (Camariñas)

CONTACTO

Tel: 981 730 998

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario