Sala Antón Mouzo – Casa da Cultura de Vimianzo

antonio nodar 1

Exposición de fotografía de Antonio Nodar. /Foto: Manuel Rial/

O singular edificio da Casa da Cultura de Vimianzo – que fai de rotonda- acolle na súa planta baixa a Sala de Exposicións Antón Mouzo.

O nomeamento foi realizado para honrar a memoria do artista local autodidacta (1957-2007). Mouzo comezou a expoñer no 1976; e dende aí a súa obra coñeceu galerías de Alemania, Francia ou Portugal. Simultaneou pintura, escultura e instalación, con algúns apuntes de land-art, sobre todo na elección dos materiais naturais.

O espazo expositivo de 150 m2 acolle exposicións temporais, individuais ou colectivas de calquera modalidade artística.

 

En exposición:

– “Costa da Morte” de Detlef Kappeler (Pintura)

HORARIO

De luns a venres: 09.00 a 14.30 | 16.00 a 20.00

Sábados: 10.00 a 13.00

PREZO

De balde

ENDEREZO 

Rúa da Braña (Casa da Cultura)
15129 Vimianzo

CONTACTO

Tel: 981 717 288

cultura@vimianzo.es

PÁXINA 

http://www.vimianzo.es/info.php?sec=235&idioma=gl

 

 

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario