Mostra de Artesanía en Vivo do Castelo

No interior da fortaleza vimiancesa do século XII, os antigos oficios volven á vida na Mostra de Artesanía en Vivo.

Palilleiras, cesteiras, canteiros, oleiros, zoqueiros ou prateiros traballan para amosar a artesanía máis senlleira da comarca. Tamén hai liño, sombreiros, maquetas de barcos, coiro e acibeche.

Aos artesáns do liño e as palilleiras poderán velos traballando nos horarios indicados todos os días do ano.
Ao resto de artesáns poderán velos traballando só nas fins de semana, en Semana Santa e do 15 de xullo ao 15 de setembro.

Os luns, o 25 de decembro, o 1 de xaneiro e o 22 de maio o castelo estará pechado.

HORARIO

Todos os días do ano  incluído festivos e fins de semana (excepto os luns): 10.00 a 14.00 | 16.00 a 18.30

Durante toda a Semana Santa e dende o 1 de xullo ata o 15 de setembro: 10.30 h a 14.00| 16.00 a 20.30

O castelo abre todos os días do ano, aínda que non haxa a Mostra, agás os luns, que fecha.

PREZO

De balde

ENDEREZO 

Rúa da Torre, s/n
15129 Vimianzo

CONTACTO

Tel: 981 71 63 54


Comentarios cerrados.

Deixar un comentario