Museo da Electricidade do Ézaro

MUSEO ELECTRICIDADE

No antigo edificio da central eléctrica do Pindo, o museo divulga de xeito pedagóxico o desenvolvemento da electricidade na Costa da Morte e no país en xeral. O centro aproveita as máquinas e instalacións desta central do século pasado para amosar que é a electricidade e de onde vén, como se produce e se aproveita no caso concreto do río Xallas.

O museo está situado ó carón da fervenza do Xallas, un dos poucos ríos de Europa que desemboca en caída sobre o mar.

 

HORARIO

Do 1 de xuño ao 30 de setembro. De luns a domingo: 11.00 a 14.00 | 16.00 a 20.00

Durante abril e maio só abre os fins de semana.

PREZO

De balde

ENDEREZO 

AC-2308
15151 O Ézaro (Dumbría)

CONTACTO

Tel: 981 706 028 – 670 292 720

asociacion@neria.es

 

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario