Ecomuseo Forno do Forte – Buño

turgalicia.es

turgalicia.es

A historia do Forno do Forte remóntase ao século XVIII, cando se comezou a levantar. Na súa orixe era unha casa labrega pero máis tarde foi dividida e cada apartado foi alugado a diferentes alfareiros. O forno deixou de utilizarse nos anos 70 do século pasado. Xa en 1999 comezouse a restaurar para poder expoñerlle ao público o oficio e o xeito de vida tradicional dos “oleiros” de Buño.

O visitante terá a oportunidade de ver os obradoiros, o forno e o “cabazo” de varias familias alfareiras así como tamén poderá vivir a experiencia de sentirse oleiro por un día e facer a súa propia peza de barro.

O Forno do Forte forma parte das Casas-Museo de Galicia.

 

HORARIO

De martes a sábado: 11.00 a 14.00 | 16.00 a 18.00

ESPECIAL DE SEMANA SANTA:  de 11.00 a 14.00 | 16.00 a 20.00

Os grupos deben concertar a visita por adiantado.

PREZO

De balde

ENDEREZO 

Forno Novo, s/n. · BUÑO
15111 Malpica de Bergantiños

CONTACTO

Tel:981 71 15 20

E-mail: ecomuseo.fornodoforte@malpica.dicoruna.es

PÁXINA

http://www.concellomalpica.com/fornodoforte/ga/xml/index.php

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario