Museo Urbano Lugrís – Casa do Pescador

turgalicia.es

turgalicia.es

O pintor surrealista galego Urbano Lugrís inspirábase no mar. En concreto, o mar de Malpica e a vida da vila mariñeira está presente nas súas obras. Na Casa do Pescador podemos atopar cinco frescos e tres trípticos que supoñen unha homenaxe ás illas Sisargas e aos mariñeiros malpicáns.

O Museo está situado na sé da Confraría de Pescadores, edificio que tamén destaca na paisaxe da vila, cunha galería acristalada fronte o porto.

 

HORARIO

Confraría de Pescadores:

Luns a venres:  08.30 a 14.30

Fogar do Pensionista:

Luns a venres: 09.00 a 20.00

 

PREZO

De balde

ENDEREZO 

Praza Anselmo Villar Amigo
15113 Malpica de Bergantiños

CONTACTO

Tel: 981 720 011

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario