Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte

Promovido pola Fundación Torre Pujales, o museo expón gran parte da obra do pintor Julio Pujales e unha extensa colección de pintura, escultura e fotografía que irá crecendo a través das bolsas para artistas plásticos de nivel internacional que concede dita Fundación.

Edificio singular no que cabe destacar a escaleira feita de xeito artesanal e a pirámide da terraza, que serve de sala principal e que está preparada para impartir talleres así como albergar conferencias, encontros culturais e exposicións (permanentes, temporais e itinerantes).

 

HORARIO 

De inverno:

É preciso concertar cita chamando á Oficina Municipal de Corme (Ponteceso).

Telf: 981 738 428

De verán (xullo e agosto):

Luns pechado

De martes a sábado: de 12.00h a 14.00h; 18.00h a 20.00h

Domingos de 12.00h a 14.00h

ENDEREZO

Rúa Real, 14- 15114 Corme. A Coruña.

CONTACTO

Telf: 620598758 / 670768399 / 678999044

info@torrepujales.com

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario