Museo de Bergantiños

 

Situado na antiga Cárcere e Xulgado de primeira instancia de Carballo,  o museo ofrece  dun xeito dinámico e didáctico a visión global do medio natural, cultural e económico de Carballo e de toda a Costa da Morte.

Inaugurado en xaneiro de 2002, alberga permanentemente unha interesante colección etnográfica con diferentes áreas temáticas: espazo xeográfico, auga, monte, relixiosidade, produtos da terra, etc. Conta, ademais, con dúas salas destinadas a recoller exposicións temporais.

 

HORARIO

Martes a venres: 12.00 a 14.00 | 18.00 a 20.00

Sábados: 12.00 a 14.00

Domingos de feira (2º, 3º e 5º de cada mes): 11.00 a 14.00

PREZO

De balde

ENDEREZO 

Rúa Martín Herrera, nº8

15100 Carballo

CONTACTO

Telf: 981 702 077

museo@carballo.org

 

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario