Pazo da Cultura de Carballo

Espazo cultural e multiusos emprazado a carón do Parque do Anllóns. Inaugurado no ano 2002, a totalidade desta gran infraestrutura foi construído polo alumnado da Escola Taller de Carballo, baixo o proxecto do arquitecto Luís Collarte Rodríguez.

Inmoble de grandes dimensións, moderno e funcional que alberga, entre outros espazos,  o Teatro Auditorio (sede do Festival Internacional de Teatro de Carballo), o Conservatorio Profesional de Música, unha sala de exposicións cun ascensor panorámico dende onde se contempla todo o paseo do parque do Anllóns e unha área para a Terceira Idade.

En exposición:

“Tinta”, mostra fotográfica de Juan Casares. Ata o 8 de febreiro.

“Pintura sobre papel”, exposición de Xulio García Rivas. Do 29 de xaneiro ao 1 de marzo.

“Xunguir non é esmorecer, senón sumar”, de Rita Blanco. Do 12 de febreiro ao 1 de marzo.

“Distintas miradas”, da Asociación Fotográfica Os Potiños. Do 12 ao 29 de marzo.

HORARIO

De luns a venres: 10.00 a 13.30 | 16.00 a 21.00

Sábados e domingos: 16.00 a 21.00

PREZO

De balde

ENDEREZO 

Rúa do Pan, s/n

15100  Carballo

CONTACTO

Tel: 981 704 300

cultura@carballo.org

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario