Centro Arqueolóxico de Dombate

O Dolmen de Dombate e os seus visitantes /Foto: B. Romero/

O dolmen máis coñecido de Galicia situado no lugar de Dombate, en Borneiro, pode visitarse nunha contorna moi distinta á de hai moi pouco tempo. Agora, un centro de interpretación envolve o túmulo funerario con explicacións sobre a era megalítica, paneis, vídeos e reconstruccións.

A anta de Dombate, cantada por Eduardo Pondal,  data do III milenio a.C.  Fórmano sete ortostatos de cámara poligonal e un corredor de tres treitos.  Ó carón do dolmen máis recoñecido atópanse restos dun monumento anterior do que só se conserva unha das lousas.

 

HORARIO

Todos os días, incluídos domingos e festivos, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas

PREZO

De balde

ENDEREZO

Dombate- Borneiro s/n

15115 Cabana

CONTACTO

669611993

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario