Museo do Mar de Laxe

O Museo do Mar de Laxe explica de xeito didáctico non só o medio mariño e as artes da pesca, senón tamén a historia da vila e de todo o concello.

Nas plantas desta antiga Casa Cuartel pódense coñecer as técnicas de pesca tradicionais, revivir terribles historias de naufraxios a través de maquetas, investigar a xeomorfoloxía do concello a través da obra do xeólogo Isidro Parga Pondal ou retroceder no pasado a través das instantáneas de Plácido e José Vidal.

 

HORARIO

No verán de 11.00 a 14.00 | 17.00 a 20.00

PREZO

De balde

ENDEREZO 

Rúa Pracer s/n
15117 Laxe

CONTACTO

Tel: 981 728 313

 

 

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario