Castelo de San Carlos – Museo de Pesca

O castelo de San Carlos foi levantado durante o século XVIII grazas a Real Orde de Carlos III, quen mandou rematalo. Nun principio o castelo contaba con tres frontes e unha nave interior onde se atopaba a dependencia do oficial, o cuartel e o polvorín. Durante a Guerra de Independencia o castelo sufriu as consecuencias do asalto do exercito napoleónico á vila fisterrá xa que foi incendiado.

O castelo, convertido hoxe en “museo da pesca”, acolle unha exposición sobre o mundo do mar en Galicia. Deste xeito faise un análise dos métodos tradicionais de pesca, a caza de baleas, os naufraxios, a chegada das conserveiras.. É posible facer visitas guiadas para grupos, así como tamén se fan visitas guiadas ó porto para ver a poxa do peixe.

 

HORARIO

De SETEMBRO a ABRIL

De martes a domingo: 10.30 a 13.30 |  15.30 a 18.30

De  MAIO a SETEMBRO

De martes a domingo: 11.00 a 14.00 | 16.00 a 20.00

PREZO

2€

ENDEREZO

Praza de América, S/N

15155 Fisterra

CONTACTO

981 740 707

cofradia@cofradiafisterra.org

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario