Colección visitable Fernando Blanco de Lema

 

750.000 pesos de ouro, esta é a cifra que Fernando Blanco decidiu empregar para a construción e mantemento dun colexio de primaria e secundaria na súa vila natal, Cee. Desta forma determinaríase, o 2 de abril de 1875 o asentamento da futura Fundación Fernando Blanco de Lema, impulsora do museo que é moito máis ca un museo sobre a historia dunha escola, é tamén o museo dun pobo, o de cee.

Esta exposición atopámola na antiga “escola das nenas” da praza da constitución de Cee . Conta con numerosos fondos pertencentes á fundación entre os que atopamos retratos de Federico de Madrazo, as pinturas de Díaz Carreño, Urquiola ou Aguirre así como tamén unha colección de gravados doados pola Calcografía Nacional.

Pero o máis salientable da galería é que posúe unha das coleccións de material científico máis importantes de Galicia, que conta con numerosos aparatos dos antigos gabinetes de física, química ou historia natural. Estas colección de pezas é comparable á que posúe a Universidade de Santiago ou a Universidade de Salamanca.

Ademais dos obxectos científicos, todas as adquisicións de obras de arte, elementos decorativos e motivos ornamentais tiveron como fin a instrución do alumnado do centro.

 

HORARIO

De martes a sábado: 10.00 a 13.00| 17.00 a 19.00

PREZO

De balde

ENDEREZO

Praza da Constitución, nº 25

15270, Cee

CONTACTO

981 747 221

fundacioncee@hotmail.com

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario