Museo Marítimo “Seo de Corcubión”
Museo de carácter privado que pretende recuperar a historia marítima da zona que comprende o denominado “seo de Corcubión”
A colección reúne xa máis de mil pezas que foron recollidas dende Cabo Fisterra ata Punta Ínsua coas que se pretende dar a coñecer a vida marítima da Costa da Morte. Entre os instrumentos que podemos atopar no museo atópanse vellos motores de principios do século XX, bitácoras, equipos radioeléctricos e tamén diversos aparellos de pesca.
É posible realizar visitas guiadas con solicitude previa.
HORARIO
De martes a sábado: 10.00 a 13.00 | 18.00 a 20.00
PREZO
De balde
Praia de Quenxe, S/N
15130, Corcubión
CONTACTO
981 745 410