Torres do Allo

As Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galicia, propiedade dos Rioboo, é nos nosos días museo e centro de interpretación turística da Deputación da Coruña.

Trátase dun longo edificio formado por dúas torres nos extremos, unidas por un corpo rectangular. A torre norte é a máis antiga –finais do século XV ou comezos do XVI.-O resto do edificio foi construído na segunda metade do século XVII, aínda que seguindo o estilo protorenacentista da torre máis antiga. As torres son a parte que mostra unha maior riqueza arquitectónica nas ventas, balcóns, escudos e molduras.

No interior, ademais dunha sala adicada á Costa da Morte, o museo acolle unha recreación da vida nun pazo a través de paneis sobre a súa construcción e vídeos informativos,  por exemplo sobre a roupa, a familia ou a fabricación do pan. As Torres do Allo forman parte das Casas-Museo de Galicia.

 

HORARIO

PECHADO

PREZO

De balde

ENDEREZO

O Allo s/n

Zas

Para chegar debemos desviarnos  da C-552 á altura do km 58 por un fermosos camiño inzado de carballos.

 

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario