Comeza a Semana Cultural de Zas

En Zas non poden agardar ó sábado para gozar da música e da festa da Carballeira e por iso preparan unha semana cargada de actividades culturais, máis de 40 distintas. Onte inaugurouse a Semana Cultural con música e baile tradicional da Asociación Cultural Castro-Meda e da A.C. O Adro. Ademais pódense visitar cinco exposicións no centro sociocultural da vila soneirá.

Os primeiros en actuar foron o grupo de baile Churía da A.C. Castro-Meda /Foto: B.Romero/

A continuación foi a quenda dos gaiteiros da mesma asociación /Foto: B.Romero/

churia

Os bailadores de Churía ergueron das cadeiras ao público co son das gaitas /Foto: B.Romero/

nordésadro

Por parte de Adro, viñeron os veteranos do grupo Nordés /Foto: B.Romero/

pandereitaadro

Tamén participaron as pandeireteiras baiesas /Foto: B.Romero/

 

pandeiretaadro

Para que puidera bailar Nordés cantaron e tocaron dúas rapazas de Pedra Vixía /Foto: B.Romero/

semanaculturalzas

Tralas actuacións, numeroso público achegouse a ver as exposicións no interior, como a de patchwork/Foto: B.Romero/

encaixezas

As alumnas da A.C. A Fonte de Fornelos amosan en Zas o seu traballo de encaixe de bolillos /Foto: B.Romero/

bordadoszas

Os bordados gustaron moito aos visitantes /Foto:B.Romero/

Os bailaríns tamén se achegaron á exposición de traxes tradicionais de Castro-Meda e a Asociación de Amigos do Liño /Foto: B.Romero/

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario