Gin Sea, unha xenebra con raíces galegas

O actor galego Luís Iglesia é a imaxe publicitaria de Gin Sea

Este venres preséntase no Boulevard Fisterra Gin Sea, unha xenebra ideada polo sumiller Manuel Barrientos. Esta presentación será entre as 10 da noite e a 1 da madrugada e irá acompañada dunha sesión Chill Out da man de FER DJ e Brais the Nice, dous coñecidos picadiscos da vila.

Gin Sea

Na elaboración de Gin Sea participaron arredor dunhas 100 persoas dirixidas polo dumbriés Manuel Barrientos. O proceso de fabricación iniciouse en Londres, onde se realizou a destilación a partir de alcol de gran procedente da capital das Illas Británicas, de gran pureza e totalmente neutro. O proceso rematouse nunha pequena destilería de Amurrio (Áraba) onde se levou a cabo a destilación final nun alambique de cobre que data do 1890, un dos máis antigos de toda Europa, e que axuda sen dúbida á obtención do resultado final.

Segundo o seu creador, a característica fundamental de Gin Sea é o equilibro que achegan os 10 compoñentes que foron rigorosamente seleccionados e que dan como resultado final unha xenebra con carácter, versatilidade e dunha altísima calidade. Estes 10 compoñentes non son outros que: bagas de cimbro, cardamomo, sementes de coandro, regalicia, tomiño, menta silvestre, macela amarga, tona de limón, tona de laranxa doce e un toque especial de laranxa amarga.

Deste xeito, todos aqueles que aínda non probastes este produto que cada vez se está a facer máis coñecido dentro da xeografía galega e española tedes a oportunidade de facelo no Boulevard Lounge Fisterra.

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario