Un outono cheo de cultura para o Concello de Muxía

Pedro Brandariz estará en Muxía o día 27 de outubro coseu monólogo "profundizando na Galicia Profunda"

O concello de Muxía xa ten preparada a programación cultural para este outono. Trátase dun programa no que destaca sobre todo a presenza do teatro, aínda que tamén hai espazo para as exposicións e a diversión en familia.

A partir de mañá, 4 de outubro, poderemos gozar da Mostra de Banda Deseñada TITOÁN, de Ignacio e Iván Suárez; obra gañadora do VII Premio de Banda Deseñada Castelao. A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 16 de outubro de 16 a 19 horas na Casa das Beiras.

A seguinte cita será o sábado día 6 no salón de actos do voluntariado ás 19 horas, onde poderemos ver teatro de sombras chinesas en cor. En concreto trátase da obra O vello que quería ver o tren, da compañía Trécola. Unha obra que se basea nun texto de Rafael Dieste. Do xénero teatral pasamos ao do monólogo da man de Pedro Brandariz, que o sábado 27 de outubro ás 20:30 horas preséntanos Profundizando na Galicia profunda.

Pero as artes escénicas daranse cita outra vez no mes de novembro, neste caso será grazas á compañía Malasombra coa obra Go on! Non perdades de vista este evento o 10 de novembro ás 20:30, e coma sempre, no Salón de Actos do Voluntariado. No mes de novembro tamén terá lugar o magosto en familia, no cal haberá obradoiros de xogos tradicionais. Concretamente vaise celebrar o día 10 de novembro no Polideportivo Municipal a partir das 17 horas.

Xa por último, non nos podemos esquecer de que o Concello de Muxía volverá a convocar por terceiro ano consecutivo o Maratón Fotográfico Ramón Caamaño, os detalles deste concurso fotográfico daranse a coñecer ao longo do mes de outubro na páxina web do concello.

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario