O protagonista en Laxe é o teatro afeccionado

Se en Carballo está o FIOT en Laxe non queren ser menos e programan tamén para outubro un mes de teatro. A diferenza do nomeado festival, na vila mariñeira o protagonista é o teatro afeccionado. A IV Mostra de Outono de Teatro (MOTA) ofrecerá actuacións de balde todos os domingos de outubro.

Por segundo ano consecutivo, a MOTA está organizada pola Asociación de Teatro Folerpas en colaboración co concello de Laxe e a deputación da Coruña. Ademais das actuacións de teatro afeccionado, este ano incorpora unha novidade: o día do seu peche haberá unha actuación de novo circo profesional. Todos os espectáculos terán lugar ás 19:00h no salón de actos municipal. A programación é a seguinte:

  • Domingo 7 de Outubro: “Ámote”, interpretada polo grupo Teatro Solidario as Ínsuas de Muros.
  • Domingo 14 de Outubro: “Bolboretas”, interpretada polo grupo Metátase Teatro de Palas de Rei.
  • Domingo 21 de Outubro: “Un asilo para mamá”, interpretada pola Aula de Teatro de Vimianzo.
  • Domingo 28 de Outubro:  “Ringo Rango”, interpretada polo grupo Ringo Rango de Santiago de Compostela.

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario