O Compás cumpre medio ano

O 17 de maio, día das Letras, botaba a navegar pola Rede a primeira revista dixital da Costa da Morte. Dende aquel día xa levamos feitas ducias de entrevistas, centos de artigos e outros tantos eventos. Só temos 6 mesiños, pero os nosos seguidores nas redes sociais non fan máis que aumentar, e pouco a pouco imos abrindo un oco entre os medios de comunicación do país. Antes de saír navegar asumíamos o complicado que ía ser manter a revista completa fóra da época estival, pero nada máis lonxe da realidade. A Costa da Morte sigue propoñendo cultura fóra do verán, e así o estamos a ver inmersos como estamos no medio do outono e cargados de actividade.

Sen máis, queremos agradecervos a todos a vosa fidelidade e lembrar que, aínda que pareza un tópico, se non estivérades aí isto non sería posible. Por iso precisamos que sigades falando do Compás, comentádelle a toda a xente que coñecedes onde mirades a axenda da Costa da Morte, onde líchedes ese artigo curioso… É imprescindible o boca a boca, fala do Compás!

O Cormorán Asustado celébrao con nós. /Deseño: CanKente/

 

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario