Os artistas locais protagonizan o Entroido cabanés

O prato forte do entroido de Cabana de Bergantiños é o martes de entroido. O festivo local celébrase cunha ampla oferta lúdica, centrada en xogos e obradoiros, gastronomía a base de filloas, exposición fotográfica, música e pasarelas de disfraces para xuntar a todos os veciños do concello con ganas de troula no Pavillón Municipal.

A partir das 5 da tarde, os máis cativos poderán disfrutar dos inchables, xogos e variados obradoiros. Ás 6.30 da tarde comenzarán as pasarelas e concurso de disfraces coa pasarela infantil, onde se convidará a merendar a todos os participantes. A continuación, o concurso de comparsas, onde se repartirán preto de 1000 euros en premios (será preciso a inscrición previa días antes no concello).

Este ano contan coas actuacións estelares dos artistas locais máis televisivos: El Parga, co seu éxito El tren de las tres e os soneiráns do Ghañán Style, que presentan agora un nova versión galega d´O Pitiño Pío, que sen dúbida non deixará indiferente a ninguén.

Tralo agasallo e agradecemento ás filloeiras que traballarán arreo toda a tarde, o fin de fiesta correrá a cargo do Dúo Élite, encargado de animar o baile de disfraces.


Comentarios cerrados.

Deixar un comentario