Marcando O Compás a través das ondas coa Radio Nordés – Cadena SER

O Compás e a Radio Nordés-Cadena SER xuntan forzas para difundir a cultura da Costa da Morte. A partir desta semana a revista dixital da Costa da Morte engade as ondas hertzianas ao soporte dixital en dous espazos semanais na programación da Radio Nordés. Unha radio que amosa o seu compromiso coa nosa lingua, xa que se trata da única emisora da Cadena SER que produce a súa programación íntegramente en galego. Nordés emite durante as desconexións locais para os concellos de Camariñas, Vimianzo, Zas, Muxía, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra, Carnota e Mazaricos.

Durante as mañás de martes e venres O Compás terá a súa sección cultural no programa Vivindo a Costa da Morte e A Cancela, coa voz de Manuel Rial. O martes teremos oportunidade de escoitar unha reportaxe  sobre temas de interese cultural e o venres, de cara a fin de semana, O Compás repasará a axenda para as comarcas de Terra de Soneira, Fisterra e os concellos de Carnota e Mazaricos.

Colaboracións entre medios en galego para tempos de crise.

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario