Coñece a Costa da Morte coas “Andainas” desta primavera

Andainas 2013 Coñece a Costa da Morte, é o nome dunha iniciativa conxunta de varios concellos da nosa costa para coñecelos mellor grazas á práctica do sendeirismo. Paisaxe e deporte únense unha vez máis, nestas rutas organizadas a partir de abril e ata finais de maio.

Sendeiristas no Cabo Vilán, o ano pasado. /Foto: Concello de Vimianzo/

A programación foi presentada en Vimianzo, concello organizador xunto con Camariñas, Corcubión, Muxía e Ponteceso. A costa destes municipios, agás Vimianzo que é interior, conforma o percorrido das rutas. Todas elas realizaranse os sábados de mañá (todas comezan ás 10h) e para inscribirse poden facelo todos os que o desexen (a partir dos 7 anos), anotándose o xoves antes da súa realización. No programa recoméndase calzado e roupa axeitada para o monte e bebida e comida para repoñer forzas. No caso dalgunha indisposición, haberá un coche de apoio en todo momento.

Estas rutas son unha oportunidade para descubrir recunchos que aínda non coñecedes, coñecer xente e compartir a experiencia de desfrutar da natureza. Xa vos falábamos de descubrir a Costa da Morte grazas ao Camiño dos Faros pero, se aínda non vos animades a facelo sós, esta iniciativa é para ti. Nas seguintes imaxes descríbense os percorridos de cada día en cada municipio así como os puntos concretos que se visitarán.

Estas son as direccións de correo nas que inscribirse dependendo do Concello.

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario