Cee aínda é bonito!

Os lectores do Compás xa coñecen ao Cormorán Asustado, ese gran afeccionado á arquitectura que nos trae algunhas das xoias urbanísticas realizadas ó longo da Costa da Morte. Pois hoxe queremos inaugurar unha sección completamente diferente, o contrapunto ao Cormorán. Sabemos de sobra que temos as paisaxes máis fermosas e tamén, por desgraza, as vilas máis feas e desfeitas. Pero aínda queda esperanza. Quedan recunchos onde a arquitectura tradicional convive coa moderna e deixa fermosas estampas de postal.

Comezamos a sección cun gran reto: Cee. Sen dúbida, esta vila do sur da comarca foi unha das que máis cambiou no último medio século. A súa fisonomía non ten nada a ver coa de comezos do século pasado, polo recheo que se gañou o mar e que deixou a tradicional fachada marítima mirando cara as obras modernas do hospital, a Casa do Concello, a Casa da Cultura… Adentrámonos na zona vella para rescatar lugares, porque Cee aínda é bonito!

O goberno municipal está a renovar o centro histórico de Cee. /Foto: Manuel Rial/

Na Rúa de Arriba aínda quedan casas de pedra. /Foto: Manuel Rial/

Fermosas portas dun belo edificio. /Foto: Manuel Rial/

Este é o edificio. /Foto: Manuel Rial/

Magnífica fachada centenaria na estrada ao Ézaro. /Foto: Manuel Rial/

Á dereita, a igrexa de Cee. /Foto: Manuel Rial/

Orixinal galería. /Foto: Manuel Rial/

Escola de Nenas de Fernando Blanco. /Foto: Manuel Rial/

Detalle dun edificio da praza. /Foto: Manuel Rial/

Banco da Praza da Constitución. /Foto: Manuel Rial/

O Santiago Apóstolo do cruceiro lembra que por Cee pasa o Camiño. /Foto: Manuel Rial/

Detalle da porta dun comercio. /Foto: Manuel Rial/

Esta costa garda o sabor doutra época. /Foto: Manuel Rial/

Gran balcón de granito dun restaurante. /Foto: Manuel Rial/

O Pazo de Cotón, unha illa histórica afogada por varios edificios novos. /Foto: Manuel Rial/

Balcón intemporal. /Foto: Manuel Rial/

Detalle do escudo do Pazo de Cotón. /Foto: Manuel Rial/

Outra vista do pazo. /Foto: Manuel Rial/

Verde edificio. /Foto: Manuel Rial/

Porto de Cee. /Foto: Manuel Rial/

Os estaleiros de Cee crean unha fermosa composición entre as brétomas. /Foto: Manuel Rial/

Esta era a anterior fachada marítima de Cee, que agora mira cara o edificio de Facenda. /Foto: Manuel Rial/

As datas de construción dalgúns edificios. /Foto: Manuel Rial/

A escola de Fernando Blanco de Lema deu posibilidades educativas a nenos de toda a Costa da Morte. /Foto: Manuel Rial/

O actual IES Fernando Blanco. /Foto: Manuel Rial/

Tamén che pode interesar:

- Viaxe no tempo a ollos dun paxaro. 

- Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte. 

- O xardín das delicias de Corcubión. 

 

Comentarios
Unha resposta a “Cee aínda é bonito!”
  1. Coreano di:

    Como di un dito popular “o que tuvo retuvo” cee tamén tivo e retivo.

Deixar un comentario