Medio ichavo de letras labartianas

As pandeiretas e gaitas de Adro abriron e pecharon o festival do Día das Letras Galegas en Baio

Os alumnos do colexio Labarta Pose representaron O punto da escarola

Ao final da actuación, a mestra Sinda Cundíns fixo subir ao escenario ao autor da obra, Xosé Antón Neira Cruz, que felicitou os rapaces e reclamou as Letras para Labarta

Os mozos do IES Maximino Romero Lema interpretaron unha serie de escenas cómicas tituladas “Parellas 2.0″

Xosé Manuel Varela Varela e Chema Rei Lema presentaron o texto inédito de Labarta Pose: “Unha boa misa”, co subtítulo “Medio ichavo de sainete”, publicado na revista Lumieira

Os actores de Badius levaron á escena “Unha boa misa”, sainete de seis partes protagonizado por unha beata camiño da igrexa

 

A Asociación Cultural Adro e o grupo de teatro Badius seguen a reclamar o Días das Letras Galegas  para o escritor baiés Labarta Pose.

O grupo Ad Libidum (Raúl González, José de Beti e Iria Ameixeiras) interpretou catro poemas de Labarta musicados por eles: Facer versos, No que pensa, Maruxiña do Penedo e Pobre gaiteiro de Baio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario