Carteleira do 31 de maio ao 6 de xuño

Entre as carteleiras dos multicines de Cee e Carballo contamos con 10 filmes distintos. Desde Compás ofrecémosvos unha breve sinopse para que poidas decidirte por unha.

R3sacón, ou o que é o mesmo a terceira parte da saga, dirixida por Todd Phillips. A franquicia iniciada no 2009 con Resacón en Las Vegas chega agora cun filme no que non hai despedida nin voda. A pregunta é ¿que salirá mal? A comedia desta vez pinta ser menos obscena.

Fast and Furious 6 (A todo gas 6), dirixida por Justin Lin, é a enésima secuela desta saga de acción. Dom (Vin Diesel) e Brian (Paul Walker) están en paradoiro descoñecido despois de destruír un imperio mafioso. Nesta entrega terán que enfrontarse a unha banda de mercenarios como única forma de poder volver á casa.

La gran boda, do director Justin Zackham, é unha comedia protagonizada por Robert de Niro, Susan Sarandon, Diane Keaton, Amanda Seyfried e Ben Barnes. A voda do fillo vai ocasionar un enredo familiar que entreten pero non acaba de ser divertida.

El gran Gatsby, de Baz Luhrmann, é unha adaptación da novela homónima de F. Scott Fitzgerald. Este drama histórico lévanos aos felices anos 20, onde a alta sociedade de New York acude ás festas do misterioso Gatsby, cuxo único obxectivo é recuperar un amor de anos atrás. Leonardo DiCaprio, Tobey Maguire e Carry Mulligan protagonizan este filme, cuxo director se recreou na imaxe mentres que deixou descoidada a importancia do contido.

Combustión, do director Daniel Calparsoro, é unha produción española con caras coñecidas como Álex González, Adriana Ugarte ou Alberto Ammann. Mikel vai casar con Julia, filla dun importante xoieiro, pero coñece a Ari, unha camarera da que se namora e o levará ao seu mundo de carreiras ilegais. Acción e enredo de parellas é o resume da película.

Objetivo: La Casa Blanca, do director Antoine Fuqua, é un thriller de acción que ten como tema o terrorismo. Un axente secreto (Gerard Butler) deixa o posto tras un accidente no que só sobrevive o Presidente. Pero cando un comando norcoreano ameaza a Casa Blanca, entrará de novo en acción. Acción constante pero cunha trama inverosímil.

Los Croods: una aventura prehistórica, codirixida por Kirk de Micco e Chris Sanders, é unha película de animación cuxas aventuras nos transportan á Prehistoria, cando un terremoto destrúe o fogar de Grug, que terá que marchar en busca doutro lugar coa súa familia. Unha sinxela mensaxe que entenderán os máis pequenos: afrontar os seus medos. Ao tempo, de seguro gozarán con este entretido filme.

Filmes en Carballo a prezo reducido, pois xa foron exhibidos meses atrás.

Las aventuras de Tadeo Jones, é unha produción española que dirixe Enrique Gato, partindo da curtametraxe gañadora dun Goya no 2004. Conta a historia dun albanel confundido con un arqueólogo famoso. Vivindo nesta confusión chega a Perú, onde coa axuda dos seus compañeiros de aventuras intentará salvar a cidade inca dos cazatesouros. Seguro que lles gusta aos máis cativos da casa.

Jack Reacher, do director Christopher McQuarrie, é a última película de Tom Cruise, quen se mete no papel dun antigo policía militar que vive coma un vagabundo e traballando pola súa conta. O detido como suposto francotirador declara que o teñen que buscar a el, como culpable do asesinato de cinco persoas. Suspense asegurado, propia para os amantes da acción, aínda que o filme non conta con moi boas críticas.

Frankenweenie, realizada por Tim Burton a partir da súa propia curtametraxe de 1984 do mesmo nome. Un experimento científico do pequeno Víctor pode resucitar ao seu canciño Sparky pero tamén terá que enfrontar terribles situación para levalo a cabo. Divertida oda ao cine antigo de terror.

 

Consulta aquí todos os horarios das carteleiras de Cee e Carballo.

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario