Carteleira do 21 ao 27 de xuño

Entre as carteleiras dos multicines de Cee e Carballo contamos con 5 filmes distintos. Desde Compás ofrecémosvos unha breve sinopse para que poidas decidirte por unha.

El hombre de acero, dirixida por Zack Snyder, é a esperada película sobre Superman. A historia do neno de Krypton que se cría coa familia adoptiva e ten poderes para salvar o mundo xa é coñecida. Nesta ocasión resalta a potente imaxe que fai o filme atractivo e entretido. Unha curiosidade, o Clark Kent desta ocasión, Henry Cavill, é o primeiro actor non estadounidense que interpreta o superheroe.

Monstruos University, dirixida por Dan Scanlon, é a esperadísima animación de Disney-Pixar, precuela da exitosa Monstruos S.A. que gustou a cativos e adultos. No filme descubrimos que os mellores amigos tiveron na universidade as súas diferenzas. Califícana como un pracer para a vista, alegre e divertida. Desde logo que é unha boa oportunidade para gozar do cine en familia.

R3sacón, ou o que é o mesmo a terceira parte da saga, dirixida por Todd Phillips. A franquicia iniciada no 2009 con Resacón en Las Vegas chega agora cun filme no que non hai despedida nin voda. A pregunta é ¿que salirá mal? A comedia desta vez pinta ser menos obscena.

Fast and Furious 6 (A todo gas 6), dirixida por Justin Lin, é a enésima secuela desta saga de acción. Dom (Vin Diesel) e Brian (Paul Walker) están en paradoiro descoñecido despois de destruír un imperio mafioso. Nesta entrega terán que enfrontarse a unha banda de mercenarios como única forma de poder volver á casa.

Objetivo: La Casa Blanca, do director Antoine Fuqua, é un thriller de acción que ten como tema o terrorismo. Un axente secreto (Gerard Butler) deixa o posto tras un accidente no que só sobrevive o Presidente. Pero cando un comando norcoreano ameaza a Casa Blanca, entrará de novo en acción. Acción constante pero cunha trama inverosímil.

Consulta aquí todos os horarios das carteleiras de Cee e Carballo.

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario