O espectáculo ancestral da Rapa das Bestas enche o curro da Areosa

Tensión, terra, pó e rinchos. Este domingo o curro da Areosa volveu encherse de xente de toda a comarca, e até de fóra da fronteira galega (Pola mañá, na Ruta do Oeste había unhas vinte persoas chegadas dende Madrid, La Rioja e Valencia, que viñan expresamente á Rapa).

 Os asistentes foron un público ben paciente, xa que o espectáculo retrasouse máis dunha hora do previsto e ademais tiveron que soportar verdadeiras treboadas de pó cada vez que unha besta movía as súas patas. Con todo, o máxico ritual ben valeu a pena. Despois de que a organización decidira paralizar  anos atrás a Rapa pola falta de cabalos salvaxes no monte, nesta edición volveu vivirse un exitoso espectáculo. Despois de baixaren as bestas o sábado, o domingo os animais xa estaban esperando no curro para pasar por perruquería. Pero o labor non é fácil. Para que a grosa tesoira corte as crinas do rabo e do pescozo, primeiro hai que deitar ao animal no chan. Cousa nada fácil se temos en conta que son animais salvaxes acostumados aos perigos do monte e que poucas veces se atopan acurralados nun mar de xente, cámaras e aplausos. En canto se achega a primeira ocasión, logo salta o primeiro aloitador (Todos homes en Vimianzo. A ver cando se atreve a primeira muller!).  Se a coordinación foi boa, chegarán de contado os compañeiros para coller o animal polo pescozo, o rabo mailo nariz. Así séntese indefenso e axiña se tranquiliza.

Pero mellor ver o espectáculo en imaxes. Este é un resumo da tarde de loita. FOTOGRAFÍAS: MANUEL RIAL.

A Rapa deixa imaxes ben xenuínas… /Foto:Manuel Rial/

Milleiros de persoas rodearon o curro da Areosa. /Foto:Manuel Rial/

A imprevisión creou auténticas treboadas de pó. /Foto:Manuel Rial/

O sol acompañou a tarde de Rapa. /Foto:Manuel Rial/

A primeira misión foi separar os poldros das nais a un curro aparte. /Foto:Manuel Rial/

O Monte Faro está cheo de novo de cabalos pura raza galega. /Foto:Manuel Rial/

Varios aloitadores deitan a un fermoso exemplar. /Foto:Manuel Rial/

E chega o momento de deixalos ben fresco para o verán. /Foto:Manuel Rial/

Fan falla os lentes de ver de perto para facer unha rapa xeitosa. /Foto:Manuel Rial/

De seguro que os aloitadores xa pensan na Rapa do ano que vén. /Foto:Manuel Rial/

 Tamén che pode interesar:

Rapa das Bestas do ano pasado.

- O curro da Areosa volve ter Rapa.

 

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario