Fotogalería: XXX Mostra da Olería de Buño

A Mostra da Olería de Buño (Malpica de Bergantiños) celebra neste 2013 os trinta anos. Cunha gran afluencia de visitantes durante a fin de semana, nótase un ambiente máis relaxado durante estes días. Postos de venda, exposicións no interior de olería e pintura, talleres de barro pola tarde para os máis cativos e actuacións de baile tradicional xunto con compañías de animación infantil conforman a programación desta festa que rende homenaxe a este traballo tradicional. Se aínda non te achegaches a Buño, tes oportunidade de facelo ata o próximo domingo, cando se clausura esta edición. FOTOS: Noelia Antelo.

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario