“Esa amante secreta de Eduardo Pondal”, por Óscar de Souto.

PONDAL1O día do festiletras foi un día sinalado para toda a nosa Costa, i en especial, para a ponte – pechada, ou sexa …. (Puenteceso), “A Bugalleira” que era como se lle chamaba ata principios do século XIX. Este pasado domingo, 8 de febreiro, cumpríronse xa os 180 anos do nacemento do bardo bergantiñán,  Eduardo González-Pondal Abente, aquel poeta que escribiu “Campanas de Anllóns” ó seu amor segredo, aquela rapaza esquencida pola historia, aquela nena namorada que o poeta quixo tanto mentres a recordaba con agarimo mencionandoa no sonido das campanas do pobo de Anllóns, metáfora de que a lembraba a ela, a súa amada. Nin foi soterrado na vila pequena, tal como narra a súa poesía, nin fixemos nada do que el desexaba. Tamén mencionou a súa nai despedíndose dela dende a prisión de Orán, cando Eduardo, en realidade, era horfo de nai, pois naquela metáfora choroulle en realidade a súa amada Comarca, … ¡que mellor nai para mencionar en tan fermoso poema!. Se o bardo resucitase hoxe bebería unha pequena dose de cianuro para finar de novo o ver a súa terra, sen xuventude, e cunha tasa de paro moi superior a do 1830.

PONDAL2

Os efectos secundarios desta emigración masiva non se notan ainda, como todas as enfermidades terminais, esta pandemia, irémola notando paseniño, ano tras ano, e mestres esmorece o noso idioma e a nosa cultura, xa sen mocedade que loite por ela, o tecido industrial serán polígonos en barbeito e os pesqueiros seguirán devolvendo o peixe ó mar e as vacas seguirán producindo leite cada vez máis barato, etc, etc, etc, etc…………

PONDAL3Endexamáis ningún pobo dividido foi quen de poñerse dacordo para cousa ningunha e calquera iniciativa boa que poidamos emprender nós, os derradeiros defensores da terra, ningunha delas servirá para curar este mal que sofre unha comarca onde a poboación diminuiu, de súpeto, máis do que o fixo en doucentos anos, porque nin unha guerra mundial, nin unha guerra civíl, nin mil crises, nin as pandemias todas que tivemos foron quen de poder connosco… porque aqui existiron un día familias unidas que acubillaron e protexeron os seus fillos i existiu un día un pobo que era un pobo, e que tiña honor, e orgullo e gallardía.

O meu desexo e que volten pronto os que fuxiron desta terra para deixar por fin de ser este pobo esparcido polo mundo enteiro, como se fosemos os palestinos e ogallá que aquelas radios que falan galego aló en cataluña poidamos pronto escoitalas aqui ….. na nosa casa, nesta casa, nesta terra que sen eles esta triste, moi triste, como Eduardo Pondal na cárcere de Orán.

Redacta:  Óscar de Souto, escritor bergantiñán.

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario