Marchamos

A piques de cumprir os tres anos de “vida” chegou o momento de parar este compás e dicir o “adeus” ao que sempre nos negamos. A despedida é triste. Os adeuses sempre o son…
O Compás xurdiu con moita ilusión para comunicar a axenda e a cultura da Costa da Morte. O noso obxectivo era seguir practicando unha profesión que escollemos e tan difícil está poder exercela -seguro que as cousas han cambiar-. Mais a circunstancias de cada un de nós mudaron e a ilusión –e o tempo- téñense que dividir agora con outros proxectos.
Moitas gracias a todos por estar aí, por facernos medrar pouco a pouco [somos máis de 1.200 no Facebook e case 1.000 no Twitter :)], por mostrar interese nas nosas publicacións… en definitiva, por apoiarnos. Pola nosa parte, unha honra poder ter sido o voso compás estes anos e tervos amosado a gran riqueza cultural que gardamos.
Marchamos. E facémolo recordando unha frase de Isabel Risco que dicía algo así como que “a cultura galega -e en galego- non lle resta ao mundo, senón que lle suma a hostia”. Así que, recordade seguir gozando de todo o que a nosa marabillosa terra nos ofrece.
Como “adeus” é unha palabra que non nos gusta… a todos vós, moitas grazas e “ata pronto!”. Vémonos na #CostadaMorte.
Costras

 

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario