ocormoranasustado

Web:

Perfil: Son un Phalacrocorax ou para explicárvolo mellor: un cormorán viaxeiro. Levo moitos quilómetros enriba miña visitando vilas e lugares do Océano Atlántico e ultimamente decidín instalarme neste pequeno recuncho da Galicia. Decidín quedarme polo seu clima, pola súa paisaxe, polo seu peixe e marisco, e tamén, por que non dicilo, porque son un pouco ermitán. Non hai moitos cormoráns na zona. Por desgracia, cada vez hai menos. Pero iso non é o que viña a contar. Víñame a presentar a este novo medio para dar os meus primeiros pasos no xornalismo de denuncia. Dende sempre fun un apaixoado pola arquitectura, e chegar a este lugar supuxo para min ter que aumentar a miña dose de tranquimacin diarios. Non hai lugar no que mire onde non haxa un aborto urbanístico, unha desgracia arquitectónica ou unha agresión patrimonial. E paso por alto combinacións de azulexos esperpénticas, aluminios e uralitas desbordantes, casas con patas, esqueletes con tellado, fortificacións de masa e formigón… Nesta sección pretendo ilustrar o feísmo da Costa cunha ampla reportaxe e descrición de arquitectura de deseño… de señor dos sesenta con aspiracións de aparentar.

Escrito por ocormoranasustado: