Fotogalería “Mercarte 2014″

exposición o mighelo en mercarte

Onte clausurouse en Carballo a segunda edición de Mercarte, mostra de artistas e artesáns de Bergantiños. Durante catro días, os visitantes puideron achegarse á obra dos artistas da comarca e tamén participar nos distintos obradoiros organizados. Nós achégamonos ata alí e deixámosvos esta selección de imaxes, por se non tivestes a oportunidade de visitar a exposición. ... Ler +

Fotogalería “Derrubando muros con pintura”

IMG_6823

Con esta galería fotográfica convidámoste a percorrer o “museo” de arte urbana no que se converteu Carballo durante este 2014. E tamén podes ler, se aínda non o fixeches, o artigo que xa publicamos en marzo sobre o proxecto Derrubando muros con pintura.  Até agora, son 17 murais repartidos pola vila coa participación doutros tantos autores, que deixaron a súa... Ler +

‘No paro descubrín que o meu outro traballo, ‘a Arte’, seguía pedíndome que lle adicara máis horas’, Mon Lendoiro.

FOTO MON

José Ramón Lendoiro Esmorís (Carballo, 1971). Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño de Gráfica Publicitaria e Ilustración. Mon Lendoiro, que é así como case todos os da vila o coñecemos, acaba de inaugurar Garabato, o seu primeiro obradoiro de belas artes situado nas míticas galerías que unen as rúas Fomento e Igrexa. O horario de apertura ao público é de... Ler +

A arte tamén pode derrubar muros

IMG_4152a

Que custa máis, derrubar un edificio ou pintalo? Desta pregunta que soa materialista, ou pragmática se queremos, parte a xenial idea de acabar co feísmo do casco urbano de Carballo. Cando menos de intentalo, pois quedar, queda moito por facer. Así xorde Derrubando muros con pintura. O concelleiro Xosé Regueira tiña a idea na cabeza cando chegaron á localidade en novembro,... Ler +

Viaxes no tempo de balde no castro de Niñóns

castro croas portada

No medio da minguante escuridade do amencer, unha nena móvese silenciosa entre os muros de pedra das casas dos seus veciños. Non quere que ninguén esperte. Ela xa non puido pegar ollo en toda a noite, pensando no que ía pasar cando as primeiras raiolas de sol iluminasen os teitos das súas casas. De súpeto nos seus pés algo se move e berra. O galo canta, dándolle a benvida... Ler +

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

costa da morte fisterra portada

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin... Ler +

Coñecendo Vimianzo dende os catro puntos cardinais

ruta do norte 14-07

Vimianzo é máis ca un castelo. Dolmens; aldeas, cruceiros e igrexas medievais, castros, tumbas romanas e suevas, montes… Todo isto se pode visitar en bus turístico, nas rutas que organiza o Concello cada domingo de verán, e que chegan xa á súa recta final. Por el pasaron xentes de puntos de toda a Península: dende Valencia, Madrid, Bizkaia ou La Rioja. Tamén veciños... Ler +

Fotogalería: XXX Mostra da Olería de Buño

Olería2013

A Mostra da Olería de Buño (Malpica de Bergantiños) celebra neste 2013 os trinta anos. Cunha gran afluencia de visitantes durante a fin de semana, nótase un ambiente máis relaxado durante estes días. Postos de venda, exposicións no interior de olería e pintura, talleres de barro pola tarde para os máis cativos e actuacións de baile tradicional xunto con compañías de... Ler +

A Mostra da Olería de Buño cumpre 30 anos

oleriabuño

A localidade malpicá de Buño xa está preparándose para a Mostra da Olería. Este ano celebra a súa 30ª edición a partir do vindeiro venres 2 de agosto, cando terá lugar o acto inaugural dunha programación chea de actividades, que rematarán o domingo 11. A XXX Mostra da Olería conta con actividades permanentes que terán lugar na Casa do Oleiro (A Camposa, Buño). Os... Ler +

“A Costa da Morte foi sempre para min un espazo máis imaxinario que real” Lois Patiño, autor de Costa da Morte

lois patiño filme costa da morte

Actualizado 17.08.2013 A pesar da súa xuventude Lois Patiño xa é dos referentes do chamado Novo Cinema Galego. Despois de triunfar arredor de festivais e museos de todo o mundo coas súas curtas experimentais e videoinstalacións, o cineasta vigués dá o paso á longametraxe cun filme documental gravado na Costa da Morte. E non lle foi nada mal, porque acaba de levar o premio... Ler +