Unha casa con catrocentos anos de historia ameaza ruína

casa fidalga portada

1607. Quedade coa cifra ben gravada na cabeza cando miredes as imaxes deste novo capítulo da miña viaxe polas desgrazas arquitectónicas da Costa da Morte. Desta vez, o forte vento do Nordés arrastroume terra adentro, até Berdoias, no concello de Vimianzo, (que por certo, van estar de festa. Anda que non son eu espelido!). Como sempre fago ao chegar a un novo lugar para pousar,... Ler +

“Se hai algunha posibilidade de que apareza o medallón será divulgando a súa historia” Mario Maceiras, da A. Monte Pindo Parque Natural

medallon sete pitas portada

A historia do Medallón das Sete Pitas ten moito de lenda, pero tamén de realidade. Esta marabillosa peza, que fora atopada perto da fervenza do Xallas, perdeuse durante a Guerra Civil. Case un século despois volvemos ter noticias delas grazas á Asociación Monte Pindo Parque Natural, que vén de crear unha perfecta copia da mesma para poder estudala e encadrala no seu contexto... Ler +

Andaina para homenaxear a un xenio

penedos andaina portada

O historiador local Roberto Mouzo, afeccionado só por non ter unha carreira, sempre gardou un cariño especial polos espléndidos Penedos de Pasarela e Traba. Durante a súa vida tivo traballado moito pola difusión e protección desta paraxe, xunto co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Un mapa realizado por el mesmo, poucos meses antes do seu falecemento, guía... Ler +

Un faro de cultura na Costa da Morte

portada faro vilan

Xa temos falado algunha vez do desaproveitamento das fermosas infraestruturas fareiras que temos na Costa da Morte como espazos para a cultura, e ao mesmo tempo tamén das dificultades que existen para que iso poida pasar actualmente. Excepto Fisterra, que conta cun punto de información turística no lugar, o Faro Vilán é o único faro habitado pola cultura. A Asociación de... Ler +

A santa dos tolos

portada montetoran

No alto do monte Torán, en Bamiro (Vimianzo) érguese unha capela construída sobre superstición e ritos precristiáns. Todos os anos, en plena primavera, centos de romeiros da comarca soben ó cumio do outeiro para curar os males da cabeza. “A Montetorán, todos os tolos van”. As orixes destas costumes pérdense na historia, pero o que si é certo, é que esta ermida se levantou... Ler +

“Creo que nacín cun lapis debaixo do brazo” Chelo Lema

portada exposicion chelo lema

Pintora dende o berce, a vimiancesa Chelo Lema presenta por primeira vez na súa terra natal unha retrospectiva da súa obra. Xa viaxou coas súas pinturas por diferentes cidades da xeografía peninsular (A Coruña, Portugal, Madrid, Salamanca, Barcelona, Alicante), europea (Francia, Holanda, Bélxica) ou americana (Arxentina, Uruguai ou México). Agora, con 78 anos volve á vila... Ler +

Cee aínda é bonito!

portada cee bonito

Os lectores do Compás xa coñecen ao Cormorán Asustado, ese gran afeccionado á arquitectura que nos trae algunhas das xoias urbanísticas realizadas ó longo da Costa da Morte. Pois hoxe queremos inaugurar unha sección completamente diferente, o contrapunto ao Cormorán. Sabemos de sobra que temos as paisaxes máis fermosas e tamén, por desgraza, as vilas máis feas e desfeitas.... Ler +

“Son Dumbría, Costa da Morte. Se non volvera aquí deixaría de ser quen son”, Begoña Corbal

bego corbal portada

Begoña Corbal traballa no departamento de fotografía online dunha das cadeas do Grupo Inditex. “Xornalista, fotógrafa, bailarina de ballet, doctoranda, amiga e amante, viaxeira e un sen fin de cousas miúdas”. Así se define ela. Begoña Corbal naceu na Coruña un 25 de maio de 1988 aínda que está empadroada no Concello de Dumbría desde o 2009. A afección pola fotografía... Ler +

Muxía ten unha caixa onde se conserva o patrimonio

buserana portada 2

É unha verdadeira mágoa que as lendas, os contos, as historias doutros tempos vaian desaparecendo co derradeiro alento das persoas que nolas contan. A tradición oral vaise perdendo de xeración en xeración, e cada vez máis debido á globalización e ó radical cambio de vida das persoas respecto ó dos seus ancestros. Procesión da Barca en 1963. /Fotografía de Ramón Caamaño... Ler +

Carballo prepara os Venres Culturais e o Primavera en Danza

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Como cada primavera o Concello de Carballo prepara unha chea de actividades culturais que se desenvolverán entre os meses de abril e maio. Trátase dunha oferta para todos os públicos que se organiza en dous ciclos: “Románticos” de Mofa e Befa abre a programación este venres. -Por unha parte están os Venres Culturais que acollerán, entre outros, espectáculos teatrais... Ler +