O “Xogo de Tronos” das Terras de Soneira

portada moscoso stark

Xogo de Tronos (Game of Thrones) despediuse esta semana dunha trepidante cuarta temporada deixando aos seus seguidores orfos nas tarde-noites do luns. Que pasa agora? Como podemos vivir sen saber quen será o próximo en morrer? Xa non nos quedan uñas por morder! Teremos que arriscarnos a ler os libros do malvado George R. R. Martin? Pois vouvos propoñer outra cousa: coñecer... Ler +

Algo do que somos: Código Fonte Audiovisual

Touriñán no Carballo Interplay /Foto: Tamara de la Fuente/

Carballo convertíase a semana pasada na capital das webseries da man do Interplay, o primeiro festival dedicado a este formato no estado. Ademais de achegarnos 35 webseries chegadas dende toda España, pasamos catro días entre presentacións, coloquios, clases maxistrais e concertos. Nesta primeira edición do festival chamounos a atención a sesión de Xosé Antonio Touriñán... Ler +

‘Costa da Morte': Cando o mar é un todo.

'Fotograma paisaxe alteridade'.

Dise que quen nace no mar, botarao de menos sempre que se atope lonxe del. Resulta difícil, coma galego e habitante dunha vila de costa, achegarse a un filme coma Costa da Morte e non sentir a brisa mariña que tantas penas cura cando as cousas non semellan ir tan ben coma deberan. E é que a cinta de Lois Patiño, que xa é por méritos propios o novo enfant terrible do panorama... Ler +

Unha webserie carballesa moi especial

Javi Camino gravando unha escena en Monte Neme cos dous actores. [Foto: Carballo Interplay]

“Toñito, ti es especial”. Xa llo dicía súa nai e el intentará descubrir o porqué. Conseguirao? Esta historia de extraterrestes (ou non tanto) é o resultado do obradoiro de webseries ofrecido dentro do Festival de Webseries “Carballo Interplay”, que a finais deste mes de abril terá lugar na localidade carballesa. Vinte mozos e mozas carballeses participamos... Ler +

“A Costa da Morte foi sempre para min un espazo máis imaxinario que real” Lois Patiño, autor de Costa da Morte

lois patiño filme costa da morte

Actualizado 17.08.2013 A pesar da súa xuventude Lois Patiño xa é dos referentes do chamado Novo Cinema Galego. Despois de triunfar arredor de festivais e museos de todo o mundo coas súas curtas experimentais e videoinstalacións, o cineasta vigués dá o paso á longametraxe cun filme documental gravado na Costa da Morte. E non lle foi nada mal, porque acaba de levar o premio... Ler +

“Non queremos fabricar xente pro-palestina ou pro-árabe por ideoloxía, senón por causa e coñecemento.” Ghaleb Jaber, do AMAL

portada amal corcubion

O outono en Compostela viña tendo nesta última década dúas citas cinematográficas ineludibles: Cineuropa e o Festival de cinema Euroárabe Amal. Pero este ano só quedan coa primeira opción, non haberá festival Amal tal e como se coñece, senón que este convírtese en mostra para realizar unha xira polas vilas galegas. O Amal chega por primeira vez á Costa da Morte grazas... Ler +

Carteleira do 5 ao 11 de abril

cartel-un-amor-entre-dos-mundos-2-471

Entre as carteleiras dos multicines de Cee e Carballo contamos con 8 filmes distintos. Desde Compás ofrecémosvos unha breve sinopse para que poidas decidirte por unha. Parker, de Taylor Hackford, é un thriller de acción onde o protagonista rouba cun código determinado, que recorda a Robin Hood, pois só rouba aos ricos. Parker é traizoado polos compañeiros e, coa axuda da... Ler +

As mulleres serán protagonistas no cineclube de Corme

mosaicocinecorme

A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme continúa animando aos cormeláns a gozar do cinema. En abril é a quenda das películas protagonizadas por mulleres, debido ao cal propoñen o ciclo adicado ao cinema feminista. Baixo esta denominación proxectarán 4 filmes españois de temática social: Solas, Te doy mis ojos, Princesas e Mataharis. En Compás achegámosvos unha... Ler +

Carteleira do 15 ao 21 de marzo

nuevo-poster-de-jack-el-cazagigantes-original

Entre as carteleiras dos multicines de Cee e Carballo contamos con 6 filmes distintos. Desde Compás ofrecémosvos unha breve sinopse para que poidas decidirte por unha. Jack el cazagigantes, dirixida por Bryan Singer, é a versión para un público adulto da historia de Jack y las Habichuelas mágicas. Un grupo de mozos intentarán salvar a unha princesa, secuestrada polos xigantes.... Ler +

A aventura do cine no Corme da posguerra

cartel_unosPasosDeMujer_1941 (2)

Unhas das características inherentes á Costa da Morte é a súa natureza salvaxe. Ademais dos valiosos produtos da terra e o mar, a paisaxe tamén pode ser fonte de riqueza como escenario para localizar as historias de ficción do cine e a televisión. A presenza dunha produción audiovisual non só aporta beneficios para o lugar no momento da gravación, senón tamén a súa... Ler +