Fotogalería “Mercarte 2014″

exposición o mighelo en mercarte

Onte clausurouse en Carballo a segunda edición de Mercarte, mostra de artistas e artesáns de Bergantiños. Durante catro días, os visitantes puideron achegarse á obra dos artistas da comarca e tamén participar nos distintos obradoiros organizados. Nós achégamonos ata alí e deixámosvos esta selección de imaxes, por se non tivestes a oportunidade de visitar a exposición. ... Ler +

“Non descartamos prolongar este período de ausencia e volver cun disco enteiro debaixo do brazo”, Martín Loureiro, voz dos Machina

MACHINA ENTREVISTA FOTO1

Machina son Martín Loureiro á voz, Ángel Iglesias á batería, Gonzalo Grela á guitarra e Ángel Aguiar ao baixo. Gañadores dos Premios da Música 2013, son unha das referencias do metal en Galicia. Cantan en galego con letras comprometidas con cada época social e non lle gustan as etiquetas, xa que prefiren que sexa o propio ouvinte quen os defina. Desde Cerceda, levan máis... Ler +

“Falamos do aborto con absoluta liberdade, tratando cuestións que tradicionalmente se silencian por incómodas”, Alberte M. e Verónica M.

SAMSUNG CAMERA PICTURES

El: enxeñeiro, poeta e narrador. Ela: poeta, ensaísta e narradora. Alberte Momán (Ferrol, 1976) e Verónica Martínez (Valdoviño, 1976) acaban de gañar o IX Certame de Poesía Illas Sisargas de Malpica polo poemario O episodio, “un cúmulo de impresións, sentimentos e sucesos reais acontecidos durante o período de gravidez até o aborto e as semanas posteriores a este”.... Ler +

Fotogalería “Derrubando muros con pintura”

IMG_6823

Con esta galería fotográfica convidámoste a percorrer o “museo” de arte urbana no que se converteu Carballo durante este 2014. E tamén podes ler, se aínda non o fixeches, o artigo que xa publicamos en marzo sobre o proxecto Derrubando muros con pintura.  Até agora, son 17 murais repartidos pola vila coa participación doutros tantos autores, que deixaron a súa... Ler +

Concertos que souberon a pouco en Valarés

DESTACA

O sol, esta vez si, fixo acto de presenza na praia de Balarés. Quizais por iso os festivaleiros foron máis madrugadores. Unha xornada musical desde a praia para aqueles que non quixeron desaproveitar un dos poucos días de bo tempo. Por certo, foi o único festival no que non choveu esta temporada? Pero non só desde o areal, pois a pé dos escenarios habilitados en dúas zonas... Ler +

“O rock and roll é para divertirse, e iso é o que vai pasar en Laxe”, Novedades Carminha

NOVEDADES CARMINHA 2

Novedades Carminha son Adrián ao baixo, Carlos á guitarra e Xavi á batería. Agochados tras un curioso nome que xorde no ano 2007 en homenaxe a “Carminha e á súa tenda de novidades en lencería cor carne en Santiago de Compostela”, forman unha das bandas de rock and roll de máis proxección a nivel estatal. Os seus concertos non deixan a ninguén indiferente pola... Ler +

Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

fstivais_agosto

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS -2 agosto- Na... Ler +

“Sen que soe nada raro, nacín con dúas mans, dúas pernas e unha gaita” Susana Seivane, no Asalto ao Castelo

portada seivane

Desde Os soños que volven (2009) os seareiros de Susana Seivane esperan ansiosos un novo álbum que poder gozar da recoñecida gaiteira. Ben seguro que moitos deles visitarán hoxe Vimianzo, xa que Susana Seivane é unha pezas clave no programa do XIX Asalto ao Castelo. A partir das dúas da madrugada terá a ocasión de refrescar a memoria cos seus grandes temas, pero tamén... Ler +

“O Asalto é para nós unha oportunidade de luxo para amosar a nosa música” Samarúas

Samaruas abrirá a noite de concertos.

Aos rapaces do Samarúas non lles chegan as horas de ensaio durante esta semana. De feito contestaron ás preguntas cos instrumentos aínda na man no medio das probas. Os nervios son moitos, pero as ganas tamén. Son máis dun sesenta por cento Costa da Morte, polo que o Asalto non lles é alleo. É máis nunca faltan á cita. Comezan a súa andaina a finais do ano pasado e no... Ler +

“Cando un festival está ben ancorado nas raíces ten un plus importante” Kepa Junkera, no Asalto ao Castelo

portada kepa junkera

Entre Segovia e o San Fermín de Iruñea, o músico máis internacional do País Vasco, Kepa Junkera, fai unha parada en Vimianzo este sábado para celebrar cos irmandiños a toma da Fortaleza no Asalto ao Castelo. Á 1 da madrugada, entre txalarpa, trikitixa, irrintzis, pandeiretas vascas e sons de Galicia o campo da festa tremerá ao ritmo de Galiza.  Kepa Junkera declárase... Ler +