“Á parte do piano, usei sons extraídos da natureza ou obxectos cotiáns que aportaran unha textura particular a cada tema” Serxio Moreira (ELO)

Serxio Moreira

Logo do proxecto ELO A poeta carballesa-muxiá Rosalía Fernández Rial percorre as estradas cun novo proxecto xunto ao pianista cabanés Serxio Moreira. Xuntos veñen de crear ELO, unha unión de palabras e música experimental. O seu primeiro disco xa está na internet e na rúa. Os versos musicados pertencen a dous libros de Rosalía editados por Positivas: Vinte en escena (2012)... Ler +

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

costa da morte fisterra portada

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin... Ler +

A Costa da Morte vive a noite do lume

san xoan portada

“No día de san Xoán baila o sol pola mañán.” “O día de san Xoán, as fogueiras acesas están.” “En San Xoán pinga a sardiña no pan.” E por fin chega unha das festas máis agardadas do almanaque para un galego: a noite do solsticio de verán, cristianizada despois para o San Xoán. Na véspera da noite do 23 hai que ir mercando as sardiñas... Ler +

O Compás cumpre un ano promovendo a cultura da Costa da Morte

portada aniversario compas

No Día das Letras Galegas do difícil ano 2012 un grupo de comunicadores botaba adiante un novo proxecto cultural para a Costa da Morte, unha terra que semellaba erma. Non vos imos enganar, estabamos asustados, pero ó mesmo tempo emocionados e ilusionados. Pasaron xa doce meses e ó botar a vista atrás quedamos ben satisfeitos co que puidemos conseguir sen ningún respaldo económico... Ler +

Borneiro, terra de Castelos e pedra

borneiro portada

Borneiro é ben coñecido en todo o país polos seus grandes monumentos arqueolóxicos: o dolmen de Dombate e o castro da Cibdá. Dende sempre foi un lugar propicio para a vida, pois trátase dun val fértil rodeado por dúas dorsais montañosas ao leste e ao oeste que o protexen dos ventos duros e cunha disposición que favorece a insolación. A parroquia de Borneiro é unha terra... Ler +

O Camiño dos faros, sendeirismo para descubrir a Costa da Morte

portada camiño dos faros

Se de algo podemos estar orgullosos na Costa da Morte é da beleza da nosa paisaxe. Ás veces achegámonos aos sitios máis turísticos, e algúns a outros menos coñecidos, para contemplar e gozar da paisaxe que nos brinda a nosa costa, coa mirada ao horizonte posto no Atlántico. A maioría usamos o coche para ir de visita, cando contamos con rutas de sendeirismo que nos permiten... Ler +

Dombate achégase ao seu aspecto orixinal

dolmen actual portada

Pouco despois da conmemoración do vintecinco aniversario do inicio das escavacións no dolmen de Dombate, a pasada semana deuse un paso máis na súa restauración. O corredor do megalito recuperou a súa aparencia orixinal, a que tiña cando era utilizado como lugar de enterramento. A empresa Arkaios rematou a colocación das dúas lousas que cubrían o acceso, no que as pinturas... Ler +

Entroido na Costa da Morte 2013

portada entroido

Non teremos cigarróns, nin peliqueiros, nin boteiros, pero na Costa da Morte vívese o Entroido con moita forza e nalgúns lugares aínda garda certo sabor tradicional. Temos Mecos abondos, coma a Mikaela de Buño, o Caietano de Laxe… No Compás reunímosche todas as citas deste Entroido 2013 na Costa da Morte para que non perdas punto. A continuación só resaltamos as citas... Ler +

Os artistas locais protagonizan o Entroido cabanés

entroido_cabana

O prato forte do entroido de Cabana de Bergantiños é o martes de entroido. O festivo local celébrase cunha ampla oferta lúdica, centrada en xogos e obradoiros, gastronomía a base de filloas, exposición fotográfica, música e pasarelas de disfraces para xuntar a todos os veciños do concello con ganas de troula no Pavillón Municipal. A partir das 5 da tarde, os máis cativos... Ler +

Unha viaxe á Costa da Morte dos anos vinte (Primeira parte)

corme antigo portada

“Estas notas sobre Galicia teñen a intención de dar unha idea sobre o engado e interese dun país aínda pouco coñecido polos viaxeiros. Son o resultado dun verán pasado na esquina noroeste da Península, e por iso non pode agardarse que sexan completas, pero abranguen un campo máis amplo có ata o da agora explorado polos escritores, que, normalmente se limitaron a falar... Ler +