O Nadal de Cabana comeza en Dombate

dolmendedombate

Un cuarto de século é moito tempo. O monumento máis visitado de Cabana de Bergantiños leva 25 anos vendo como milleiros de persoas desfilan diante del dende que as súas entrañas saíron á luz nas primeiras escavacións, en 1987. Foron anos intensos de proxectos, desacordos, acordos, desacordos e lonas de plástico ata que finalmente quedou cuberto polo gran edificio que aspira... Ler +

As imaxes que deron a volta ao mundo

Manfred Gnädinger non puido soportar a catástrofe e deixouse morrer. O 28 de decembro do 2002 acontecía a primeira vítima mortal humana do desastre. /Foto: José Manuel Casal/

Aos que menosprezaron o desastre  Tristemente se hoxe alguén di que é da Costa da Morte o primeiro no que pensa o estranxeiro é en petróleo, en mareas negras. O desastre do Prestige levou o nome por todo o mundo, resaltando o que xa viña implícito no topónimo: a MORTE. Neste artigo recollemos algunhas das imaxes icona da maior catástrofe ecolóxica de Europa por se alguén... Ler +

O mar non é de ninguén

prestige 2

Para os homes e mulleres con dignidade Estábamos ceando á luz dunha vela. Non era unha cea romántica. Era novembro. Non había luz na casa, coma tantas outras veces no outono. Caería algunha fase, dicían os vellos. Aquel foi o primeiro día que oímos un nome que nunca esqueceremos: Prestige. A luz volveu pero non aclarou nada. Os días seguintes estiveron cheos de desacougo... Ler +

Oghalá veña outro!

O traballo dos voluntarios foi determinante para conseguir a limpeza das praias. /Foto: Xan Fernández Carrera/

O traballo dos voluntarios foi determinante para conseguir a limpeza das praias. /Foto: Xan Fernández Carrera/ Ao voluntariado, que esperemos non nos garden rancor. Tiña 13 anos, estaba na casa vendo a televisión unha tarde cando de repente se interrompe a programación para dar paso a un avance informativo: un petroleiro chamado Prestige estaba á deriva fronte ás costas de... Ler +

“Seguimos buscando voluntarios para voar eses 80 papaventos” Martí Monjo, creador da acción Papaventos 13N

Martí Monjo voando un dos papaventos que el mesmo deseñou.

Martí Monjo voando un dos papaventos que el mesmo deseñou. O vindeiro 13 de novembro cúmprense 10 anos da catástrofe do Prestige. Con motivo de lembrar este día negro na historia de Galicia e, sobre todo, coa intención de homenaxear o traballo dos centos de milleiros de voluntarios que limparon as costas galegas; o mallorquín Martí Monjo está a organizar unha acción chamada... Ler +

O cantar popular vai de porta en porta

Os veciños de Borneiro foron os primeiros en gozar da festa. /Foto: X.M. Varela/

Son ben coñecidos os versos que Eduardo Pondal lle dedicou ás terras de Cabana ou os regueifeiros de máis sona que aínda manteñen viva esta tradición. Pero a canción popular do propio concello era quizais menos coñecida e coma toda a lírica oral corría o risco de desaparecer. Os profesores Olga Kirk Martínez e Pablo Díaz Carro fixeron posible que o cantar popular non... Ler +

As bágoas de San Lourenzo no cerne de Bergantiños

ruta estrelas

“Aínda recordo aínda o dolmen de Dombate” rezaba Pondal nun dos seus poemas. O mesmo lles pasará ás preto de duascentas almas que camiñaron a noite do pasado venres para percorrer a Ruta das Estrelas. Dende hai uns anos, no mes de agosto, arredor do San Lourenzo, o concello de Cabana organiza un roteiro de sendeirismo nocturno. Nesta ocasión a cita era ao caer... Ler +

Carballeira de Santa Mariña do Remuíño (Corcoesto-Cabana) #Aquíhaifraga!

Carballeira de Santa Mariña do Remuíño /Foto: Verónica Rama/

O bravo río Anllóns toma un descanso na súa entrada en Cabana en varios remansos e meandros. Na zona do Remuíño, aproveitouse o caudal do río para construír unha presa e producir enerxía eléctrica. A pausa e a tranquilidade das súas augas propicia a presenza de aves acuáticas como os alavancos ou ata cormoráns -que non “asustados”!-. Ademais presenta unha... Ler +

Onde o bloque é o rei

É ben sabido que aos cormoráns coma min encántannos estar preto do mar. Baixo as augas está o noso alimento e non adoitamos  vivir lonxe da costa. Así e todo, o outro día pasei por un lugar preto do esteiro do Anllóns voando baixo. Reparei no lugar de Sinde, na parroquia de Canduas, ao ver unhas construcións máis que chamativas. Alí o bloque era o rei. Parece que aló... Ler +

Dende Toledo á Costa da Morte ao son da música

banda de Seseña

A música da Banda Municipal Villa de Seseña (Toledo) encherá esta fin de semana a Costa da Morte. O venres farán pasarrúas e un concerto na praza de Neaño co gallo das festas da vila. Ao día seguinte, ofrecerán un recital en Baio enmarcado nos actos organizados para conmemorar o X aniversario da Coral Xan Mella, coa que Perfecto Varela, director da banda, ten moi boa relación. O... Ler +