Fotogalería “Mercarte 2014″

exposición o mighelo en mercarte

Onte clausurouse en Carballo a segunda edición de Mercarte, mostra de artistas e artesáns de Bergantiños. Durante catro días, os visitantes puideron achegarse á obra dos artistas da comarca e tamén participar nos distintos obradoiros organizados. Nós achégamonos ata alí e deixámosvos esta selección de imaxes, por se non tivestes a oportunidade de visitar a exposición. ... Ler +

“Non descartamos prolongar este período de ausencia e volver cun disco enteiro debaixo do brazo”, Martín Loureiro, voz dos Machina

MACHINA ENTREVISTA FOTO1

Machina son Martín Loureiro á voz, Ángel Iglesias á batería, Gonzalo Grela á guitarra e Ángel Aguiar ao baixo. Gañadores dos Premios da Música 2013, son unha das referencias do metal en Galicia. Cantan en galego con letras comprometidas con cada época social e non lle gustan as etiquetas, xa que prefiren que sexa o propio ouvinte quen os defina. Desde Cerceda, levan máis... Ler +

Fotogalería “Derrubando muros con pintura”

IMG_6823

Con esta galería fotográfica convidámoste a percorrer o “museo” de arte urbana no que se converteu Carballo durante este 2014. E tamén podes ler, se aínda non o fixeches, o artigo que xa publicamos en marzo sobre o proxecto Derrubando muros con pintura.  Até agora, son 17 murais repartidos pola vila coa participación doutros tantos autores, que deixaron a súa... Ler +

Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

fstivais_agosto

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS -2 agosto- Na... Ler +

A cita co Rockin’ enche Carballo

idealipsticks-rockin

O San Xoán carballés toca ao seu fin e onte houbo cita de rockeiros no Rego da Balsa. Aínda non eran as once da noite cando comezaba o Rockin´ coa música dos Apart, un dos grupos máis emerxentes da capital de Bergantiños. Sorprendeu coma sempre a forza no escenario da vocalista interpretando temas compostos polo propio grupo. A continuación, o trío madrileño The Government... Ler +

Idealipsticks e Wau y Los Arrrghs encabezan o Rockin’

rockin2014

Se che gusta o rock tes unha cita o próximo 27 de xuño co Rockin’, no marco das festas do San Xoán de Carballo. No Rego da Balsa –detrás da vella estación de autobuses-, tocarán os carballeses Apart, os madrileños The Government, os manchegos Idealipsticks e os valencianos Wau y los Arrrghs. Airton&Senna Dj’s pecharán a noite do festival de rock das festas carballesas,... Ler +

A Festa da Lingua

festalingua

Hoxe é a festa da nosa lingua. Hoxe conmemoramos un ano máis o Día das Letras Galegas. Por certo, xa suman tres “días” nos que en Compás celebramos con vós esta festividade, incluíndo aquel 17 de maio de 2012 no que comezamos esta aventura de unir a cultura, a Costa da Morte e facelo na nosa lingua. Onte en Carballo tivo lugar a Festa da Lingua, unha gala na que entre... Ler +

‘No paro descubrín que o meu outro traballo, ‘a Arte’, seguía pedíndome que lle adicara máis horas’, Mon Lendoiro.

FOTO MON

José Ramón Lendoiro Esmorís (Carballo, 1971). Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño de Gráfica Publicitaria e Ilustración. Mon Lendoiro, que é así como case todos os da vila o coñecemos, acaba de inaugurar Garabato, o seu primeiro obradoiro de belas artes situado nas míticas galerías que unen as rúas Fomento e Igrexa. O horario de apertura ao público é de... Ler +

Algo do que somos: Código Fonte Audiovisual

Touriñán no Carballo Interplay /Foto: Tamara de la Fuente/

Carballo convertíase a semana pasada na capital das webseries da man do Interplay, o primeiro festival dedicado a este formato no estado. Ademais de achegarnos 35 webseries chegadas dende toda España, pasamos catro días entre presentacións, coloquios, clases maxistrais e concertos. Nesta primeira edición do festival chamounos a atención a sesión de Xosé Antonio Touriñán... Ler +

Unha webserie carballesa moi especial

Javi Camino gravando unha escena en Monte Neme cos dous actores. [Foto: Carballo Interplay]

“Toñito, ti es especial”. Xa llo dicía súa nai e el intentará descubrir o porqué. Conseguirao? Esta historia de extraterrestes (ou non tanto) é o resultado do obradoiro de webseries ofrecido dentro do Festival de Webseries “Carballo Interplay”, que a finais deste mes de abril terá lugar na localidade carballesa. Vinte mozos e mozas carballeses participamos... Ler +