A arte tamén pode derrubar muros

IMG_4152a

Que custa máis, derrubar un edificio ou pintalo? Desta pregunta que soa materialista, ou pragmática se queremos, parte a xenial idea de acabar co feísmo do casco urbano de Carballo. Cando menos de intentalo, pois quedar, queda moito por facer. Así xorde Derrubando muros con pintura. O concelleiro Xosé Regueira tiña a idea na cabeza cando chegaron á localidade en novembro,... Ler +

Domingo de Entroido en Carballo

entroidocarballo

Por Sofía Caamaño Deus O cheirume a pedra mollada mesturábase onte, en Carballo, coa dozura do algodón de azucre e co espírito entroideiro que comunicaban a chegada da tradicional comparsa. A rúa Coruña interpretaba o rol de fiestra e deixaba entrever a festexada que se estaba celebrando na praza do concello. A música venceu a choiva que tentara, nun intento errado, arruinar... Ler +

“Estaría ben que desde a Concellería de Cultura se promovera máis a música local”, Pedro Ramos, batería de Apart

roberto rey apart

Ao rock de Apart faltáballe unha voz. Esta resultou ser unha voz feminina, a de Inés Blanco. Xunto a Robin Mallo á guitarra, Daniel Barreiro ao teclado, Iago Pardiñas ao baixo e Pedro Ramos á batería, conforman Apart, recente formación musical carballesa que hoxe á noite debuta en público. Como non podía ser doutro xeito farano na sala Dublín de Carballo, entre os seus.... Ler +

Sol, mar, música e maxia de verán no Sereas e Piratas

4 Waves amenizaron a sesión vermú con vistas ao mar. /Foto: Noelia Antelo/

O cambio de data do Sereas e Piratas supuxo que os festivaleiros da zona despedisen este ano o verán en Razo. O sol fixo presenza na fin de semana e o sábado había unha temperatura agradable para aproveitar os últimos raios para broncearse mentres se gozaba con música en directo nunha terraza ao aire libre. Esa foi a aposta da Asociación Rebeldía, que organizou unha sesión... Ler +

“As ganas coas que realizamos este proxecto seguen sendo as mesmas oito anos despois” Bea Fernández, organizadora do Sereas e Piratas

Sereas e Piratas 2011. [FOTOS: cedidas pola organización]

Os albaceteños Chucho, 0s vigueses Wild Balbina, os carballeses Franc3s e Holycrab, así como Músculo! e 4 Waves desde Vilagarcía forman o cartel da oitava edición do Festival Sereas e Piratas que se celebra en Razo (Carballo) o próximo sábado. Fieis á súa aposta polos grupos do país conseguiron sacar adiante un ano máis esta cita coa música independente. Falamos con... Ler +

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

costa da morte fisterra portada

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin... Ler +

As sereas e os piratas teñen unha nova cita na praia de Razo

chucho

Finalmente, o sábado 31 de agosto vaise celebrar en Razo (Carballo) o festival Sereas e Piratas. Trala súa suspensión debido ao accidente de tren de Santiago, os organizadores decidiron seguir traballando para buscar nova data. Así, o último sábado de agosto o cartel permanece igual, coa mesma programación musical e deportiva. Coa deste 2013 que finalmente se vai celebrar... Ler +

As sereas e os piratas teñen unha nova cita na praia de Razo

O sábado celébrase en Razo (Carballo) o festival Sereas e Piratas. Xa van, con esta, oito edicións desta cita coa música independente nacional. Posto en marcha pola Asociación Rebeldía, o sábado volve ás súas orixes apostando por grupos galegos e tamén cun cabeza de cartel de relevancia nacional. Falamos da banda Chucho, que volven aos escenarios precisamente tras oito... Ler +

A praia de Razo soa desde hoxe a PopUp!

1044812_497224373696005_1783274618_n

Hoxe comeza o PopUp!, festival que este ano celebra a súa primeira edición na praia carballesa de Razo. Parece que o tempo vai acompañar esta fin de semana. O sol recibirá na paraxe de Razo a todos os asistentes aos concertos, a cargo dun total de 12 artistas entre grupos e dj’s, repartidos nos tres días. Recordamos que a entrada é de balde o xoves e o venres, mentres que... Ler +

A Costa da Morte vive a noite do lume

san xoan portada

“No día de san Xoán baila o sol pola mañán.” “O día de san Xoán, as fogueiras acesas están.” “En San Xoán pinga a sardiña no pan.” E por fin chega unha das festas máis agardadas do almanaque para un galego: a noite do solsticio de verán, cristianizada despois para o San Xoán. Na véspera da noite do 23 hai que ir mercando as sardiñas... Ler +